Luis Pérez Álvarez, coñecido como Luis de Nacidas, nado en Moaña en 1916 e finado no mesmo concello en 1983, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria Fillo de José Pérez Eiroa e Virtuosa Álvarez. Mariñeiro de Moaña, comezou de rapaz nun bote que ía ao boliche. Membro do sindicato Solidaridad Marinera da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo o 17 de decembro por auxilio á rebelión na causa 1212/36 xunto con José Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé, José Fandiño Pidre, Eugenio Gayo Santomé, Manuel Catrofes Rodríguez, Manuel Fervenza Pena, Manuel Vilariño Santomé e Arturo Piñeiro Iglesias “Chaplin” , foi condenado a 15 anos de prisión o 23 de decembro.Consellos de guerra a moañeses. Estivo preso en Vigo, na Illa de San Simón, e no cuartel de Santocildes de Astorga. Realizou traballos forzados na construción da liña Ponferrada-Burgos. Saíu en liberdade condicional en 1942. Traballou como patrón de pesca en Moaña, onde faleceu en 1983.

Xa xubilado escribiu unhas memorias coa intención de legarlle a súa memoria ao seu neto.O Grupo HISTAGRA, a través do Proxecto de Investigación 'Nomes e Voces', ven de publicar as memorias de Luís Pérez "Nacidas"Memórias dum libertário de Moanha

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A escrita dos pescadores

Las memorias de un moañés sacan a la luz una "fosa común" en un cuartel de Astorga

Quen poden ser os homes sen nome da fosa común de Cabreira?

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1916

Categoría:Finados en 1983