Tomás Antonio Alonso Martínez, máis coñecido como Tomás Alonso, nado en Coia (Vigo) o 19 de novembro de 1835 e finado en Buenos Aires en 1906, foi un empresario, benfeitor e filántropo galego.

Traxectoria

Igual que aconteceu con outros benfeitores aveciñados na cidade, coma Manuel Núñez, María Berdiales ou Ramón Nieto, Alonso foi un dos moitos emigrantes que marcharon a América e xeraron unha fortuna considerábel, o cal lle permitiu volver a Galicia e desenvolver actividades propias das grandes fortunas de por aquel entón, como as actividades empresariais e de banca ou a promoción inmobiliaria, así como a filantropía. Tomás Alonso emigrou, como moitos outros galegos na súa mocidade, desde o porto de Vigo cara a América. De familia traballadora, Alonso residiu varios anos no Uruguai, onde foi quen de acadar unha gran fortuna.

Após de varios anos no Uruguai, Alonso regresou a Vigo, onde se converteu nun dos principais benfeitores do século XIX. Financiou, entre outros proxectos, a fundación de tres escolas en Coia, Castrelos e Bouzas. Finou en Buenos Aires en 1906.El Regional, 14-12-1906, p. 2.Galicia, 1-1-1907, p. 12.

Recoñecementos

Foi nomeado fillo predilecto de Vigo o 6 de decembro de 1906 e ten, en agradecemento pola súa xenerosidade coa cidade, unha rúa co seu nome. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Emigración Ramón Nieto Ligazóns externas

Tomás A. Alonso, benefactor de Vigo, nace en Coia

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1835 Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1906