Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán.

A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.

Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o clasicismo, o intimismo, o ruralismo e o hilozoísmo. A súa maior contribución á literatura galega foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.

Autores destacados e obras da xeración de 1936 Aquilino Iglesia Alvariño Aquilino Iglesia Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descrición.

A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.

Álvaro Cunqueiro miniatura|300px|Díxenlle á rula: Pase, miña señora! E foise polo medio e medio do outono por entre as bidueiras, sobre o río. A pesar de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando Álvaro Cunqueiro publicou Herba aquí ou acolá, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.

Celso Emilio Ferreiro Celso Emilio Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño sulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir, obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas pola súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.

Outros autores

María Mariño Emilio Pita Xosé María Castroviejo Luis Seoane Ricardo Carballo Calero Xosé Díaz Jácome Ernesto Guerra da Cal Juan Pérez Creus Manuel Casado Nieto Ramón María Eduardo Moreiras Xosé Rubia Barcia Xosé María Álvarez Blázquez

Teodoro Morgade Miguel González Garcés Lorenzo Varela Anne Marie Morris Manoel Fabeiro Gómez Manuel Lueiro Rey Roberto Martínez de Andrade Pura Vázquez José Conde Emilio Álvarez Blázquez Luis Iglesias de Souza Xosé Fariña Jamardo Xosé María Díaz Castro

Véxase tamén Bibliografía

Xeración do 36, EGU (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: Xeración do 36. Un refírese á Xeración do 36 de poetas galegos e o outro á Generación del 36 de escritores en castelán .) Galicia. Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro. Hércules de Ediciones.

Outros artigos Promoción de enlace Xeración das Festas Minervais