275px|miniatura|Catedral de Santiago, na cidade vella. En urbanismo, denomínase centro histórico, núcleo histórico, cidade vella ou zona vella á parte da cidade ou vila máis antiga, correspondente ao lugar primitivo de asentamento dos primeiros poboadores da urbe. Denomínase centro porque adoita lozalizarse na parte central da cidade, xa que co paso do tempo estas adoitan medrar circunferencialmente desde a parte central até a perfiferia. Moitos centros históricos constitúen a parte da cidade na que, antes da creacións dos ensanches e arrabaldes, estaban arrodeadas de murallas ou fortificacións.
Antecedentes históricos O modelo urbano aparece coa Revolución Neolítica. A posibilidade de cultivar plantas implica non só unha menor necesidade de territorio e unha maior concentración da poboación, senón tamén a creación de excedentes agrícolas que permiten liberar parte da poboación para outras funcións: artesanía, comercio ou xestión pública. Desde o principio, estas outras funcións serán as máis características da vida urbana.
A cidade neolítica convértese nun modelo de convivencia. Alí sitúase a industria e o mercado, e grazas a estas actividades pode medrar, tanto en tamaño como en poboación. Mais o tamaño desta cidade é limitado pola produtividade agrícola e industrial, a capacidade de mercado e as posibilidades técnicas, que non permiten grandes aglomeracións, aínda que algunhas cidades da Antigüidade acadaron un tamaño considerable, aproximándose ao millón de habitantes, como Roma.
Os primeiros signos urbanos xorden no espazo histórico máis antigo da memoria viva. En Mesopotamia e a súa área de influencia, os primeiros grupos de vivendas construíronse hai uns 8.500 anos: Xericó, en Palestina e Çatal Huyuk, en Anatolia. Unhas ducias de edificios feitos de bloques de barro cocido, pisos pulidos e de cores e tellados planos, ben organizados nunha zona común. Aínda non son cidades no sentido do termo que se adquiriu miles de anos despois, pero as cidades-templo dos sumerios xa contan cun modelo de organización espacial e de construción que se estende ata os nosos días: os muros de ladrillo, a planta rectangular, a cuberta plana accesíbel, o agrupamento organizado de varias familias (Çatal Huyuk no seu momento de esplendor ocupaba 100 habitantes e 13 hectáreas). Por vez primeira, os humanos construíron un asentamento independente construído deliberadamente, a diferenza dos refuxios naturais utilizados ata entón.
As primeiras civilizacións urbanas aparecen hai uns 5.000 anos en sete rexións diferentes: a chaira do val do río Hoang-ho (Huixia, Anyang, Gaocheng), o val do Indo (Harapa, Mohenjo-Daro, Balatok), os vales do Tigris e o Éufrates (Nínive, Babilonia, Ur, Uruk, Assur), o val do Nilo, o val de Mebes, o de Gizaslahun, o Val do Nilo (Abyslahun, o de Mebes, o de Abyslahun, o Val do Nilo). do Níxer (Goa, Tombuctú), as altas mesetas mesoamericanas (Tikal, Cocaxtlan, El Tajín, Tenochtitlan, Copán), e as alturas peruanas (Tiahuanaco, Pikimachay, Machu Picchu, Nazca). Non se pode descartar a comunicación entre todas estas rexións, pero non parece que fosen o suficientemente intensas para determinar que unha delas é a orixe e as outras son focos de difusión, sobre todo se temos en conta as civilizacións urbanas americanas. Chama a atención que en todas estas zonas existe un denominador común: as primeiras cidades estaban situadas nunha chaira aluvial con boas posibilidades para a agricultura, o que demostra a enorme dependencia da contorna inmediata das cidades antigas.
Centros históricos de Galicia miniatura|Vista dos tellados da zona vella de Santiago de Compostela. O centro histórico ou cidade vella representa en Galicia, igual que no resto de Europa, unha das principais diferenzas entre as cidades europeas e norteamericanas e funciona como atractivo turístico nas primeiras así como zonas para persoas marxinadas nas segundas. Practicamente todas as cidades e vilas galegas conteñen unha zona antiga, onde se adoitan localizar as edificacións máis antigas, así coma igrexas, catedrais, murallas e outros edificios senlleiros. Algúns centros históricos, coma o de Santiago ou Pontevedra, son Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. miniatura|Praza da Leña de Pontevedra. miniatura|Situación da Cidade Vella (vermello) no concello da Coruña.Estudos previos En verde, A Maestranza e en laranxa O Parrote. miniatura|Exterior da Concatedral de Santa María de Vigo. Santiago de Compostela
A cidade vella de Santiago de Compostela é a zona histórica da capital de Galicia, e está caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección.
O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe no ano 813, atraendo a peregrinación de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun grande esplendor artístico.
Entre os edificios senlleiros da cidade vella destaca a Catedral de Santiago, erixida na praza do Obradoiro. Tamén podemos atopar outros edificios relixosos, coma o Mosteiro de San Martiño Pinario, o Convento de San Francisco do Val de Deus ou o Mosteiro de San Paio de Antealtares. Entre os edicios civís, destacan o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Raxoi, o Colexio de San Xerome ou o Pazo de Fonseca.
Pontevedra
O centro histórico pontevedrés é o segundo casco antigo máis importante de Galicia despois do de Santiago de CompostelaPombo, Antón, 2012, Un corto viaje a Galicia, Madrid, Anaya Touring, p. 61 e foi declarado Conxunto Histórico-Artístico o 23 de febreiro de 1951.Saavedra, Segundo, 2011, Un corto viaje a Rías Bajas, Madrid, Anaya Touring, p. 37
O centro histórico da cidade posúe unha gran riqueza arquitectónica e conserva numerosos restos das épocas medieval, moderna e contemporánea. O centro histórico de Pontevedra está delimitado principalmente polas rúas que coinciden co trazado da antiga muralla, situándose a súa parte norte na marxe esquerda do río Lérez que atravesa a cidade. O casco antigo está delimitado pola rúa Serra ao norte, a rúa Arcebispo Malvar ao leste, a rúa Michelena ao sur e as rúas Cobián Roffignac e Padre Amoedo Carballo ao leste. A Alameda e a Gran Vía de Montero Ríos coas Ruínas do Convento de San Domingo e os edificios institucionais oficiais de finais do século XIX considéranse como unha prolongación do centro histórico cara ao oeste.
Entre os edificios relixosos, destacan ruínas do convento gótico de Santo Domingo, a igrexa gótica de San Francisco, a basílica gótico-renacentista de Santa María a Maior, a igrexa barroca de San Bartolomeu, o colexio barroco da Compañía de Xesús e a igrexa barroca da Virxe Peregrina. Entre os edificios civís, destacan a Casa das Campás, o Pazo dos Condes de Maceda, o Pazo de Gago e Montenegro, o Pazo de Mugartegui, o Pazo de García Flórez, o Pazo de Castro Monteagudo, a Casa das Caras, a Casa dos Vaamonde, o Teatro Principal de Pontevedra e o Liceo Casino, o Pazo do Marqués de Aranda, a casa do Correo Vello, a Casa Consistorial de Pontevedra, o palacete das Mendoza, o edificio do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra, o Pazo da Deputación de Pontevedra, o IES Valle Inclán, o Mercado de Abastos de Pontevedra e o Edificio Castelao. A Coruña
O centro histórico coruñés está declarado Monumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo. Foi declarada conxunto histórico-artístico polo decreto 29/1984 do 29 de maio.ANUNCIO de exposición pública da modificación do PEPRI da Cidade Vella e da Pescadería Na cidade vella consérvanse restos das murallas defensivas, así coma o castelo de Santo Antón, o Palacio da Capitanía Xeneral e a igrexa de Santiago, a máis antiga da cidade. Tamén posúe outros edificios, como a Colexiata de Santa María do Campo, os conventos de San Domingos e de Santa Bárbara, na praza das Bárbaras, e o palacio de Capitanía.
Na Cidade Vella da Coruña están tamén as que foron residencias de Rosalía de Castro, José Cornide e Francisca Herrera Garrido. As casas de María Pita e Emilia Pardo Bazán foron convertidas en casas-museo. A última é ademais a sede da Real Academia Galega. Fóra do núcleo central están o Museo Militar, a Capela da Venerable Orde Terceira, o antigo Hospital Militar (actual Hospital Abente y Lago), a Fundación Luís Seoane e o reitorado da Universidade da Coruña.
Vigo
O centro histórico vigués, denominado habitualmente coma Casco Vello, conforma a parte da cidade comprendida no interior do que fora a muralla medieval, constuída no ano 1656 como medida de protección fronte as invasións, sobre todo marítimas por parte de corsarios e terrestres desde Portugal. Malia que a meirande parte da estrutura foi derruída en 1858, aínda se conservan algúns fragmentos, así como dúas construcións que formaban parte dela: o castelo de San Sebastián e a fortificación do Castro.
Entre os monumentos e lugares senlleiros, destacan a Concatedral de Santa María de Vigo, as prazas da Constitución, A Pedra ou a porta do Sol, así como multitude de edificios civís de estilo modernista eclecticista.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ensanche Cidade vella de Santiago de Compostela Centro histórico de Pontevedra Muralla de Lugo Muralla de Vigo
Categoría:Elementos de composición urbana