O pobo cabilo (en , Leqbayel ou Iqbayliyen, en ; al-qabā'il) é un pobo bérber nativo de Cabilia, unha rexión do norte de Alxeria, no Cordal do Atlas, a 160 kms ao leste da capital, Alxer. Representan a meirande poboación bérber de Alxeria e a segundo máis grande de África do Norte.
Moitos cabilos emigraron dende Alxeria por diversos factores como a guerra civil alxeriana, a represión cultural por parte do goberno alxeriano central,Amazigh-state relations in Morocco and Algeria e a decadencia da industria nacional. A súa diáspora está, maioritariamente, en Francia e, en menor medida, no Canadá (principalmente no Quebec) e nos Estados Unidos.
Os cabilos falan o cabilo, unha lingua bérber. Dende a primavera bérber do ano 1980, estiveron na vangarda da loita polo recoñecemento oficial das linguas bérberes en Alxeria.
Etimoloxía A palabra 'cabilo' (en cabilo: Iqbayliyen) é un exónimo, é unha distorsión da palabra árabe qaba'il (قبائل), que significa 'tribos' , ou 'aceptar', o cal após a conquista musulmá foi utilizado para persoas que aceptaron a palabra do Corán. O termo qaba'il era, e é aínda ocasionalmente utilizado por varios pobos en Alxeria para referirse a certas tribos que habitan as montañas, incluíndo o pobo cabilo.
O termo utilizado para referirse ós cabilos especificamente era 'Zwawa' ('Izwawen' en cabilo, 'زواوة' en árabe). Este nome foi utilizado dende a era medieval para as tribos da Gran Cabilia, e aparece en importantes obras etnográficas medievais como a de Ibn Khaldún. Logo da conquista francesa, estes a miúdo confundían o termo "árabe" e "cabilo" debido ó uso xeneralizado da lingua cabila por todo o país. Malia que inicialmente os franceses utilizaban o termo cabilo para referirse a todos os imazighen, foi máis tarde especificado para designar só o pobo cabilo moderno durante a era colonial, con todo, "zwawa" é aínda o nome máis usado para os cabilos en áreas como o oeste de Alxeria.
Historia O pobo cabilo foi un dos poucos pobos no Magreb que se mantivo independente durante o mandato sucesivo dos cartaxineses, os romanos, os vándalos, os bizantinos, e os turcos otománs. Incluso despois da conquista árabe do norte de África, o pobo cabilo mantivo o control sobre as súas montañas.
Califato Fatimí miniatura|Mapa das campañas e batallas do exército de Kutama até o derrocamento dos aglabís. Entre o 902 e o 909, despois de converterse ó ismailismo e convencidos polas ideas de Abu Abdallah al-Shi'i, os bérberes de Kutama da Pequena Cabilia contribuíron á fundación do Califato fatimí, cuxo apoio na conquista de Ifriqiya resultou na creación do Califato,The Shi'i World: Pathways in Tradition and ModernityInternational Journal of Economic and Social History, Volume 8Chroniques des années algériennes malia que a dinastía Fatimí gobernante era árabe. Despois da conquista de Ifriqiya os fatimís conquistaron os territorios dos rustámidas de camiño a Sijilmasa, que tamén conquistaron brevemente e onde Abdullāh al-Mahdī Billah, que naquel momento estaba encarcerado, foi despois liberado e logo aceptado como imán do movemento e instalado como califa, converténdose no primeiro califa e no fundador da dinastía reinante.Orientalia, Volumes 54–55 O historiador Heinz Halm describe o temperán Estado Fatimí como "unha hexemonía dos bérberes de Kutama e Sanhaja sobre o Magreb oriental e central" e o Profesor Loimeier afirma que as rebelións contra os Fatimís eran tamén expresadas por protesta e oposición contra o poder dos Kutama.Halm, Heinz (2014). "Fāṭimids". In Fleet, Kate; Krämer, Gudrun; Matringe, Denis; Nawas, John; Rowson, Everett (eds.). Encyclopaedia of Islam, THREE. Brill Online. ISSN 1873-9830.Muslim Societies in Africa: A Historical Anthropology – Roman Loimeier Indiana University Press, O debilitamento dos Abbásidas permitiu que o poder Fatimí-Kutama se expandise rapidamente e en 959 Ziri ibn Manad, Jawhar o Siciliano e un exército Kutama conquistou Fez e Sijilmasa en Marrocos. Durante o reinado de al-Aziz Billah, a función dos Kutamas no exército fatimí estivo moi debilitado, posto que este reduciu significativamente o seu tamaño no exército e incluíu novos grupos socio-militares. En 969 baixo a autoridade de Jawhar, as tropas Kutamas fatimís conquistaron Exipto dende o Ikhsidids, o xeneral Ja'far ibn Fallah foi esencial neste éxito: este liderou as tropas que cruzaron o río Nilo e, segundo al-Maqrizi, capturou as barcas usadas para facer isto dunha frota enviada por homes leais a Ikhshidid dende o sur de Exipto.Lev, Yaacov (1979). "The Fāṭimid Conquest of Egypt — Military Political and Social Aspects". Israel Oriental Studies. 9: 315–328. ISSN 0334-4401. O xeneral Ja'far entón invadiu Palestina e conquistou Ramala, a capital, a continuación conquistou Damasco, fíxose co control da cidade e máis tarde conquistou a cidade libanesa de Trípoli.First Crusader: Byzantium's Holy WarsThe Asiatic Journal and Monthly Register for British India and Its Dependencies, Volume 24 Black, Parbury, & Allen, Foi ao redor deste momento que o Califato fatimí chegou ó seu púnto álxido territorial con 4,100,000 km2.Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (decembro de 2006). "East-West Orientation of Historical Empires". Journal of World-Systems Research. 12 (2): 222. ISSN 1076-156X miniatura|Orixe e conquistas dos fatimís
Dinastía dos Zíridas A dinastía dos Zíridas era unha familia de bérberes sanhadja con orixes nas montañas de Cabilia.A History of Africa – J.D. Fage: páx 166 Durante o seu reinado estabeleceron o seu mandato sobre o Magreb enteiro e gobernaron tamén partes de Al-Andalus. Tamén houbo unha suzeranía sobre o Emirato de Sicilia polos emires de Kalbite e máis tarde asasinaron ó gobernante e tomaron control da illa.The Cambridge History of Africa, Volume 3 – J.D. Fage: páx 16 Cando o Emirato de Sicilia foi dividido entre distintas taifas, Ayyub Ibn Tamim chegou á illa e uninas a todas baixo o seu mandato ata que se foi da illa.
Dinastía Hamadita Os hamaditas chegaron ó poder despois de declarar a súa independencia dos zíridas. Conseguiron conquistar terras por todo o Magreb, capturando e posuíndo territorios significativos como Alxer, Béjaïa, Tripoli, Sfax, Susa, Fez, Ouargla e Sijilmasa.Saladin, the Almohads and the Banū Ghāniya: The Contest for North Africa: Pg 42Islam: Art and Architecture: Pg 614Historical Dictionary of the Berbers (Imazighen): Pg 55 & 56 No sur de Tunisia, tamén posuíron varios oasis que eran terminais de rutas comerciais no deserto do Sáhara.Nomads and Crusaders, A.D. 1000–1368 By Archibald Ross Lewis
Reino de Ait Abbas e Reino de Kuku Estes dous reinos cabilos lograron manter a súa independencia e participaron en batallas notábeis ó lado da Rexencia de Alxer, como a campaña de Tlemcen e a conquista de Fez. A principos do século XVI, o Sultán Abdelaziz dos Beni Abbes conseguiu derrotar os otománs varias veces, notabelmente na primeira batalla de Kalaa dos Beni Abbes. esquerda|miniatura|Martinus Rørbye: Un cabilo sentado. Os cabilos foron relativamente independentes do control estranxeiro durante o período do mandato do Imperio Otomán en África do Norte. Viviron principalmente en tres reinos diferentes: o Reino de Kuku, o Reino de Ait Abbas e o principado de Aït Jubar.E. J. Brill's First Encyclopaedia of Islam, 1913–1936, Volume 4, publié par M. Th. Houtsma, Page: 600 Cabilia foi a última parte do norte de Alxeria en ser colonizada polos franceses entre os anos 1854–1857, a pesar de resistencia vigorosa da poboación local.Laidani, Amar. (2019). The recognition of the Tamazight Languages in the Algerian Law. Studia Universitatis Babeş-Bolyai Iurisprudentia. Líderes como Lalla Fatma N'Soumer continuaron a resistencia ata a rebelión de Mokrani en 1871.
Os colonialistas franceses inventaron no século XIX o "mito cabilo" que afirmaba que os cabilos estaban máis predispostos que os árabes a asimilarse á "civilización francesa". Lacoste explicou que "converter os árabes en invasores era un xeito de lexitimar a presenza francesa". miniatura|Lalla Fatma N'Soumer de Tariqa liderou a resistencia contra a colonización francesa 1851–1857. As aldeas cabilas estaban gobernadas a través de administración indirecta baseada na conservación de institucións políticas cabilas tradicionais como as asembleas aldeás djemaas. Esta institución xogou unha función central no autogoberno do pobo cabilo. Os djemaas resolvían disputas entre os habitantes da aldea e proclamaban as leis desta. Os axentes franceses confiscaron moita terra das tribos e concedéronllas ós colonos, os cales se fixeron coñecidos como pieds-noirs. Durante este período, os franceses levaron a cabo moitos arrestos e deportacións de disidentes, principalmente a Nova Caledonia no sur do Pacífico. Debido á colonización francesa, moitos cabilos emigraron a outras áreas dentro e fóra de Alxeria.Bélaïd Abane, L'Algérie en guerre: Abane Ramdane et les fusils de la rébellion, p. 74 Co tempo, os traballadores inmigrantes tamén empezaron a ir a Francia.
Na década de 1920, uns traballadores inmigrantes alxerianos en Francia organizaron o primeiro partido que promove a independencia de Alxeria. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani Mohammed e Belkacem Radjef rapidamente construíron un forte seguimento tanto en Francia como en Alxeria na década de 1930. Desenvolveron militantes que deviñan vitais para a loita por unha Alxeria independente. Isto volveuse xeneralizado após a segunda guerra mundial.
Dende que Alxeria gañou a súa independencia en 1962, xurdiron tensións entre os cabilos e o goberno central en varias ocasións. En xullo do 1962, o FLN (Fronte de Liberación Nacional) estaba bastante dividido. De feito, moitas persoas e organizacións que contribuíron á independencia quixeron compartir o poder mais o ELN (Exército de Liberación Nacional) dirixido por Houari Boumédiène e unido por Ahmed Ben Bella, mantivo a súa autoridade debido ás súas forzas militares.
En 1963 o FFS de Hocine Aït Ahmed disputou a autoridade do FLN, o cal se promovía como o partido único na nación. Aït Ahmed e outros consideraron que o goberno central liderado por Ben Bella era autoritario, e o 3 de setembro de 1963, o FFS (Fronte de Forzas Socialistas) foi creado por Hocine Aït Ahmed. Este partido agrupou adversarios do réxime, e uns cantos días após a súa proclamación, Ben Bella enviou o exército a Cabilia a reprimir a insurrección. O coronel Mohand Oulhadj tamén participou no FFS e nos Maquis porque considerou que os muxahidin non foran tratados como merecían polo goberno. No comezo, o FFS quixo negociar co goberno mais xa que ningún acordo foi logrado, os maquis tomaron as armas e xuraron non abandonalas ata que os principios democráticos e a xustiza fosen [a aclaración necesitada] parte do sistema. Mais despois da deserción de Mohand Oulhadj, Aït Ahmed apenas puido soster o movemento e despois do congreso do FLN o 6 de abril do 1964, o cal reforzou a lexitimidade do goberno, foi arrestado en outubro de 1964. Como consecuencia, a insurrección fracasou en 1965 debido á enorme represión por parte das forzas do ALN, baixo a autoridade de Houari Boumédiène. En 1965 Aït Ahmed foi condenado a morte, pero máis tarde Ben Bella perdoouno. Cóntanse aproximadamente 400 mortes entre os maquis.
No ano 1980, organizáronse manifestacións durante varios meses en Cabilia para reclamar o recoñecemento do tamazigh como lingua oficial; este proceso foi chamado a Primavera bérber. En 1994–1995, os cabilos levaron a cabo un boicot escolar, coñecido como a "folga da bolsa escolar". En xuño e xullo de 1998, protestaron, en acontecementos que viraron violentos, como reacción ó asasinato do cantante Matoub Lounès por parte do Grupo Islámico Armado e a pasaxe dunha lei que requería uso da lingua árabe en todos os ámbitos.