Andrea Reiriz, nada en Bueu en 1998, é unha actriz, poeta e tradutora galega.

Traxectoria Graduouse en Terapia Ocupacional na Universidade Complutense de Madrid e estuda o mestrado de Tradución Literaria na Universidade Internacional de Valencia. Formouse en Arte Dramática en escolas como Estudio Corazza ou El Centro del Actor, en expresión corporal e no Laboratorio Casa Índigo.

Ten publicado poemas nas revistas Casapaís e Agua Poesía Líquida.

Obra literaria

Demasiado tarde para nacer pájaro (2024). ALIAR Ediciones S.L. 68 páxs. ISBN 978-84-10374-77-5.

Actriz

Cine

Rondallas (2025). Dir: Daniel Sánchez Arévalo. Bambú Producciones e Mr. Fields and Friends.

Series

Tus Monstruos (2021). Filmin. Dir. Gonzalo Escribano. Historias para no dormir. “La pesadilla” (2022). Prime Video. Dir. Alice Waddington. Amar es para siempre (2023). Temporada XII. Atresmedia.

Teatro

La Ola (2016). Picnic de William Inge (2017). Dirixida por Rosa Morales. El círculo de tiza caucasiano (2018). De Bertolt Brecht. Dirixida por Juan Carlos Corazza e Óscar Velado. Incendios de Wajdi Mouawad (2021-2022). Dirixida por Lorena García de las Bayonas. Imagina una ventana (2023). Dirixida por Fabián Díaz. Como Asistente de Dirección).

Audiovisual

Videoclip Matarán de Erin Memento (2019). Fashion film Gorriones (2019). Curtametraxe Selva y montaña (2019).

Notas

Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1998 Categoría:Actores de España Categoría:Poetas de España