A igrexa de San Xoán de Tartu (en ; en ) é unha igrexa luterana gótica feita en ladrillo da cidade de Tartu, en Estonia. Está dedicada a Xoán Bautista.
Historia Nun principio, a igrexa de San Xoán era un templo católico, xa que as partes máis antigas do edificio actual teñen a súa orixe no século XIV. Antes, no mesmo lugar existía unha igrexa, cando menos, dende a primeira metade do século XIII. As investigacións arqueolóxicas sinalan que ben puido existir alí unha igrexa de madeira no século XII. Isto é particularmente salientable porque a cristianización nacional non tivo lugar até moito máis tarde.Tartu Jaani, tartu.ee, consultado o 28 de decembro de 2013 O edificio de ladrillo vermello sufriu grandes cambios, xa que foi reconstruído en gran parte despois da Gran Guerra do Norte e da segunda guerra mundial. Engadíronse capelas barrocas en 1746 e 1769. A igrexa agora forma parte da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana.St Johns Church, Visit Estonia, consultado o 27 de decembro de 2013
O grande incendio de Tartu comezou preto da igrexa en 1775, mais a igrexa e a próxima Casa de Uppsala salváronse da destrución que destruíu case duascentas casas.
A finais do século XIX a igrexa era un centro de ensino primario. A actriz Amalie Konsa recibiu alí a súa única educación.
Congregación da Igrexa A igrexa é utilizada pola Universidade de Tartu-Congregación de San Xoán (en ). Antes de 2001, a Congregación da Universidade de Tartu e a Congregación de San Xoán de Tartu era agrupacións independentes.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Igrexas de Estonia Categoría:Tartu