O Museo da Pesca, tamén coñecido como Museo do Mar, é un museo situado no castelo de San Carlos de Fisterra, un dos baluartes defensivos da Costa da Morte construído no século XVIII para protexerse dos corsarios ingleses e franceses. Características

Inaugurado en 2006, o museo alberga un espazo expositivo relacionado coas artes pesqueiras de Galicia e está formado por paneis explicativos sobre embarcacións tradicionais, caza de baleas, naufraxios e todo tipo de utensilios mariñeiros.

Notas

Categoría:Fisterra Categoría:Museos da provincia da Coruña Categoría:Fisterra sen imaxes