Linnahall (, en galego "concello de Talín") (orixinalmente Palacio de Cultura e Deportes V. I. Lenin) é un recinto multiusos en Talín, Estonia. Atópase no porto, alén das murallas da cidade vella, e foi rematado en 1980. O recinto tamén conta cun heliporto e un pequeno porto marítimo.

Recinto Os Xogos Olímpicos de verán de 1980 celebráronse en Moscova. Como Moscova, ao estar no interior, non contaba cun lugar axeitado para as competicións de vela, esta responsabilidade recaeu en Talín, capital da daquela República Socialista Soviética de Estonia. Ademais do principal recinto para os eventos náuticos, o Centro Náutico de Pirita, construíronse varias instalacións deportivas e de lecer, entre elas o Palacio de Cultura e Deportes V. I. Lenin, deseñado polos arquitectos Raine Karp e Riina Altmäe.

A pista de patinaxe pechou en 2009, seguida pola sala de concertos en 2010. Entre 2009 e 2015, a cidade buscou investidores, e en 2015 o concello deciciu renovar Linnahall, aínda que o proxecto non chegou a concretarse. Entre xuño e xullo de 2019, o lugar foi utilizado como substituto dunha ópera de Kíiv durante a rodaxe do filme Tenet. Non debe confundirse co edificio administrativo principal do histórico goberno municipal (Raad) de Talín, que adoita coñecerse o Concello.

Heliporto O heliporto de Linnahall (EECL) é un heliporto que foi empregado por Copterline para os seus voos ao heliporto de Hernesaari en Helsinqui, Finlandia. É o único heliporto de uso público en Estonia.

Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Talín