Miguel Ángel Muñoz é un actor e cantante español, nado en Madrid o 4 de xullo de 1983.

Traxectoria Formación Muñoz debutou como actor con 9 anos, interpretando un pequeno papel no filme El palomo cojo. Tamén tivo algunhas pequenas aparicións en series de televisión españolas, como Al salir de clase, Periodistas ou Hospital Central. En 2003 fixo algúns traballos de dobraxe e aparicións en filmes pouco difundidos.

Un paso adelante Chegou á popularidade en 2002 interpretando o personaxe de Rober Arenales na teleserie Un paso adelante. Esa serie, ambientada nunha escola de danza, valeulle para darse a coñecer tamén como cantante. Fixo primeiro diversas xiras e actuacións co grupo de intérpretes da serie, chamado UPA Dance, e logo en solitario (2006) publicou un álbum baixo o nome de M.A.M..

Discografía En UPA Dance 2002: Upa Dance 2003: Upa Dance Edición Especial 2003: Live (concerto de Almería) 2005: Contigo

Como solista 2006: Miguel Ángel Muñoz, do que se estraíu o sínguel Dirás que estoy loco.

Véxase tamén Ligazón externa Web oficial do artista

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Modelos masculinos de España