Iria Aboi Ferradás, nada en Marín o 3 de setembro de 1982, é unha filóloga galega, exsecretaria xeral de Galiza Nova.
Traxectoria Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Milita no BNG dende os 14 anos. Ocupou postos de responsabilidade nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). É membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde 2006. Foi parte da Dirección Nacional de Galiza Nova e pertence á Unión da Mocidade Galega.
Foi elixida como secretaria xeral de Galiza Nova na décima asemblea nacional desa organización, celebrada o 30 de marzo de 2007, na que se enfrontaron dúas candidaturas: unha de coalición Isca - Esquerda Nacionalista-Mocidade, Encontro Irmandiño con independentes (que levaba como número cinco ao anterior secretario xeral, Xosé Emilio Vicente Caneda) e a encabezada por Iria Aboi composta por membros da UMG e militantes independentes, que recibiu o 60 % dos votos (177 fronte a 111).
Na XI Asemblea Nacional, que tivo lugar do 24 ao 25 de outubro de 2009, resultou reelixida no cargo con 184 votos a favor (57,5 % dos emitidos), sendo a primeira muller en acceder a este posto. Non se presentou para unha segunda reelección, e o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional, foi substituída no cargo por Alberte Mera García.
Véxase tamén Ligazóns externas Colaboracións en Terra e Tempo Entrevista en Vieiros
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova