Glutamil endopeptidase I é o nome dunha familia de serina proteases bacterianas extracelulares. As proteases tipo glutamil endopeptidases foron identificadas en especies de Staphylococcus, Bacillus e Streptomyces, entre outras. As dúas primeiras están relacionadas entre si e inclúense nesta familia, mentres que as de tipo Streptomyces se tratan nunha familia separada, e denomínanse glutamil endopeptidase II.
Proteases identificadas Staphylococcus Glutamil endopeptidase GluV8 de S. aureus Foi o primeiro encima descuberto desta familia e o mellor caracterizado, illouse da cepa V8 de Staphylococcus aureus, e por iso se coñece como "protease V8". Outras referencias comúns para esta protease son serina protease estafilocócica e SspA polo seu xene correspondente. Glutamil endopeptidase GluSE de S. epidermidis Tamén chamada serina protease de S. epidermidis (Esp). Glutamil endopeptidase GluSW de S. warneri Tamén denominada PROM. Bacillus Glutamil endopeptidase GluBL de B. licheniformis Glutamil endopeptidase GluBS de B. subtilis Enterococcus Glutamil endopeptidase SprE de E. faecalis
Función A glutamil endopeptidase é, polo menos nalgunhas especies, parte dunha fervenza de activación de cimóxeno, cuxa actividade depende da activación proteolítica dunha pre-forma da protease. A GluV8 de S. aureus, por exemplo, depende para a súa activación da metaloprotease aureolisina, e é necesaria ela mesma para a activación da estafopaína B. No caso de GluSE, GluSW e SprE observouse que son activadas por unha metaloprotease de xeito similar.
As proteases deste grupo hidrolizan enlaces peptídicos situados despois dun residuo cargado de ácido glutámico ou ácido aspártico, cunha maior preferncia polo primeiro. O pH óptimo está lixeiramente por riba da neutralidade (pH 7-8) para a GluV8 e GluBL.
Malia as súas semellanzas, as proteases de diferentes especies poden diferir na súa eficiencia en clivar dianas biolóxicas. Suxeriuse que a GluV8is intervén en varios mecanismos da evasión inmune de S. aureus, e a GluV8 e GluSE afectan á regulación de biopelículas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Proteólise
Ligazóns externas Staphylococcus aureus glutamil endopeptidase na Universal Protein Resource (UniProt). Bacillus licheniformis glutamil endopeptidase na Universal Protein Resource (UniProt).
Categoría:Hidrolases Categoría:Proteases