Hamburgo (en alemán: Hamburg, , pronunciación local: ; en baixo saxón: Hamborg, ) é unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de febreiro de 2008 tiña 1 773 218 habitantes (4,7 millóns na súa área metropolitana), que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis populosa en Alemaña tras Berlín. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Rotterdam, e o noveno do mundo.

O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán) . Isto débese á súa historia como membro da liga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.

Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte de Alemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas como Blohm + Voss (estaleiro) ou Norddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisión Norddeutscher Rundfunk e editoriais como Gruner + Jahr e Spiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en 2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.

Historia

As orixes de Hamburgo remóntanse ao ano 808 d.C., no que Carlomagno mandou construír o castelo Hammaburg, dende o que se vixiaba a zona ao norte do río Elba, onde burgo significa castelo. O termo Hamma segue sendo incerto como a localización deste castelo.Hammaburg - der große Irrtum

No ano 831 Ludovico Pío crea a diocese de Hamburgo e no ano 834 foi designada a sede dun bispado católico romano, cuxo primeiro bispo, Ansgar (San Óscar, coñecido como o apóstolo do Norte). Dous anos máis tarde, Bremen uniuse co bispado, formando o de Hamburgo-Bremen. Debido á súa situación privilexiada foron asentándose en Hamburgo numerosos habitantes, que se dedicaron maioritariamente ao comercio e á pesca.

Hamburgo foi destruída e ocupada en varias ocasións. No 845, unha frota de 600 barcos viquingos chegaron até o río Elba e destruíron o que nese momento era unha cidade de ao redor de 500 habitantes. No 1030 a cidade foi incendiada polo rei Mieceislao II de Polonia. Máis tarde Valdemar II de Dinamarca asaltouna e ocupouna en 1201 e en 1214. Ademais houbo varios incendios de gran magnitude, os máis notables foron os de 1284 e 1842. En 1842, ao redor dunha cuarta parte da cidade foi destruída no coñecido coma "grande incendio". Este incendio iniciouse na noite do 4 de maio de 1842 e non se extinguiu até o día 8. Destruíu tres igrexas, a Casa do Concello, e moitos outros edificios, matando a 51 persoas, e deixando a unhas 20.000 sen fogar. A reconstrución tardou máis de 40 anos.

miniatura|esquerda|Brasón de Hamburgo en 1241.

En 1189 Frederico I Barbarroxa concedeu a Hamburgo a carta de condición de Cidade Imperial Libre e o acceso libre de impostos até o Baixo Elba e o mar do Norte. Esta carta, xunto coa proximidade de Hamburgo ás principais rutas comerciais do mar do Norte e mar Báltico, permitiu á cidade ser un importante porto do norte de Europa. A súa alianza comercial con Lübeck en 1241 marca a orixe e esencia da poderosa Liga Hanseática. Aínda hoxe Hamburgo ostenta con orgullo o título de cidade hanseática. No seu escudo pode aínda verse o castelo Hammerburg coas portas pechadas, o cal simboliza a soberanía da cidade. O 8 de novembro de 1266 un contrato entre Henrique III e Hamburgo permitiulles establecer un hanse en Londres. Esta foi a primeira vez na historia en que se menciona a palabra hanse para o gremio de comercio Liga Hanseática. A primeira descrición dos dereitos civís, o dereito penal e procesual para unha cidade en Alemaña en idioma alemán, a Ordeelbook (Ordeel: frase) foi escrita polo avogado do Senado Jordan von Boitzenburg en 1270.

En 1529, a cidade adoptou o luteranismo, e posteriormente recibiu refuxiados protestantes procedentes dos Países Baixos e Francia e, no século XVII, de xudeus sefardís de Portugal. Hamburgo foi brevemente anexionada por Napoleón I. As forzas rusas do xeneral Bennigsen liberaron a cidade en 1814. En 1860, o estado de Hamburgo estabeleceu unha constitución republicana. Hamburgo foi un estado independente da Confederación Xermánica (1815-66), da Federación Alemá do Norte (1866-71), o Imperio Alemán (1871-1918) e da República de Weimar (1919-33). Na Alemaña Nazi foi Hamburgo foi un Gau (os gaue eran sub-divisións administrativas) dende 1934 até 1945. Despois da segunda guerra mundial Hamburgo foi a zona de ocupación británica e converteuse nun estado federal da Alemaña do Oeste dende 1949.

miniatura|esquerda|Hamburgo en 1800

Durante a primeira metade do século XIX, unha deusa patroa de Hamburgo con nome en latín Hammonia xurdiu, sobre todo nas referencias románticos e poéticas.Deutschland. Ein Wintermärchen Caput XXIII Hammonia converteuse no símbolo do espírito da cidade durante este tempo. En 1888 entra na Unión Aduaneira Alemá. Hamburgo tivo un rápido crecemento durante a segunda metade do século XIX, cando a súa poboación se cuadriplicou, chegando a ter máis de 800.000 habitantes, este crecemento da cidade fixo do seu porto o terceiro máis importante do comercio europeo do Atlántico. Albert Ballin como director da Hamburg-America Line converteuse na compañía navieira de transatlánticos máis grande do mundo, sendo o porto preferido para a maioría dos alemáns do Leste e os europeos que saían cara ao Novo Mundo.

Durante a segunda guerra mundial a cidade foi devastada polos bombardeos entre 1940 e 1945, sendo o nome clave do ataque aliado Operación Gomorra. Este ataque provocou a morte de ao redor de 40.000 persoas. Esta operación foi levada a cabo a partir de finais de xullo de 1943, pola Royal Air Force ("RAF") británica e as USAAF estadounidenses, sendo no seu momento a maior campaña de bombardeos da historia da guerra aérea. Os ataques realizáronse por orde do mariscal da RAF Sir Arthur Harris, comandante en xefe da división de bombardeiros da aviación británica (RAF Bomber Command).

Os bombardeos aliados, como un esforzo para pór fin á segunda guerra mundial deixaron unha cidade devastada, chegando o un grao de destrución total superior ao 70%.Arquitectura en Alemaña: de Bauhaus á Alemaña da posguerra Hamburgo rendeuse, evitando máis baixas, ás forzas británicas o 3 de abril de 1945.

Entre 1938 e 1945 nas proximidades de Hamburgo case 70.000 persoas pereceron no campo de concentración de Neuengamme. O 16 de febreiro de 1962 unha severa tormenta causou o aumento de nivel do río Elba, alagando unha quinta parte da cidade de Hamburgo e matando a máis de 300 persoas. O pano de aceiro, a só 50 quilómetros ao leste de Hamburgo reduciu aínda máis o comercio mundial de Hamburgo. Despois da reunificación alemá en 1990 o Porto de Hamburgo de recuperar a súa antiga importancia. En 2011 foi elixida Capital Verde Europea (European Green Capital).

Xeografía 240px|miniatura|Vista aérea da cidade. Hamburgo está situada no extremo meridional da península de Xutlandia, entre a Europa continental cara ao sur, e a Escandinavia cara ao norte. Está tamén rodeado polo Mar do Norte ao seu oeste e o Mar Báltico ao leste.

Hamburgo emprázase na posición onde o río Elba conflúe cos ríos Alster e Bille, río que desemboca no mar do Norte a uns 100 km de distancia. Dende a súa desembocadura até Hamburgo o río é navegable, mesmo por barcos de gran tamaño, o que converteu á cidade nun porto importante dende hai séculos. Hoxe é o segundo porto con maior tráfico na Unión Europea (UE), soamente superado polo de Rotterdam nos Países Baixos.

O centro da cidade está situada ao redor de dous lagos artificiais, o Binnenalster (Alster interior) e o Außenalster (Alster exterior), orixinarios ambos do río Alster. A illa de Neuwerk e outras dúas illas no Mar do Norte tamén son parte da cidade de Hamburgo, situadas no Parque Nacional do Mar de Wadden.

Clima Debido á influencia marítima, o clima é máis suave que no interior. Os meses máis cálidos en Hamburgo son xuño, xullo e agosto, con temperaturas medias de entre 19,9 e 22,2 °C. Os máis fríos son decembro, xaneiro e febreiro, con temperaturas medias que van de -1,4 a 0 °C.Climate figures Temperaturas de ao redor de 28 °C non son improbabeis no verán, dende a década de 1990 as temperaturas máximas chegaron a alcadar até 38,5 °C (20 de xullo de 2006). O clima é húmido durante todo o ano. En canto ás precipitacións, especialmente nos últimos anos (entre 2004 e 2008), reduciuse a media de 746 mm.

Organización administrativa Hamburgo componse de 7 distritos ou municipios coñecidos como bezirke, os cales á súa vez están divididos en 105 barrios (stadtteile). Tamén existen 180 localidades (ortsteile).

A partir de 2008, a área de organización réxese pola constitución de Hamburgo e varias leis. Na constitución determínase que unha zona pode ser creada por lei para fins administrativos.título=Bezirksverwaltungsgesetz (BezVG) A maioría dos barrios eran antigas cidades, pobos ou aldeas independentes que foron anexionadas a Hamburgo. En 1938, a última gran incorporación fíxose a través da Gran Lei de Hamburgo de 1937, coa incorporacións das cidades de Altona, Harburg e WandsbekGroß-Hamburg-Gesetz . A Lei de Reich da Constitución e a Administración da cidade hanseática de Hamburgo estableceron a Hamburgo coma estado e municipio.Reichsgesetz über die Verfassung und Verwaltung der Hansestadt Hamburg Algúns dos distritos e dos barrios reorganizáronse varias veces nos últimos anos.

Cada distrito está rexido por un concello (bezirksamt), administrado polo concello municipal (bezirksamtsleiter). Os barrios da cidade de Hamburgo non son independentes dos municipios. O poder dos gobernos municipais é limitado e subordinado ao Senado de Hamburgo. Os conselleiros municipais son elixidos polo réxime do municipio e, posteriormente, o seu ingreso ten que ser designado polo Senado. Os barrios non teñen órganos de goberno propios.

250px|miniatura|Distritos de Hamburgo

Os distritos de Hamburgo son Altona, Bergedorf, Eimsbüttel, Hamburg-Mitte, Hamburg-Nord, Harburg e Wandsbek.título=Gesetz über die räumliche Gliederung der Freien und Hansestadt Hamburg (RäumGiG)

15px Altona É o distrito urbano máis occidental sobre a beira dereita do río Elba. De 1640 a 1864 Altona estivo baixo a administración da monarquía dinamarquesa, logo foi unha cidade independente até 1937. Politicamente, os barrios seguintes están suxeitos ao municipio de Altona: Altona-Altstadt, Altona-Nord, Bahrenfeld, Ottensen, Othmarschen, Groß Flottbek, Osdorf, Lurup, Nienstedten, Blankenese, Iserbrook, Sülldorf, Rissen e Sternschanze. En 2008 a poboación era de 245.511 habitantes.Regionalergebnisse

15px Bergedorf Era en 2006 o maior dos sete distritos, sendo a poboación de 119.185 habitantes en 2008. Bergedorf componse dos barrios de Allermöhe, Altengamme, Bergedorf, Billwerder, Curslack, Kirchwerder, Lohbrügge, Moorfleet, Neuengamme, Ochsenwerder, Reitbrook, Spadenland e Tatenberg.

15px Eimsbüttel Tiña en 2008 unha poboación de 247.135 habitantes. O distrito divídese en nove barrios: Eidelstedt, Eimsbüttel, Harvestehude, Hoheluft-West, Lokstedt, Niendorf, Rotherbaum, Schnelsen e Stellingen. Situado dentro deste municipio está o antigo barrio xudeu Grindel.

12px Hamburg-Mitte