Françoise Vergès, nada en París o 23 de xaneiro de 1952, é unha politicóloga francesa antirracista e feminista.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas e Estudos da Muller pola Universidade de San Diego e doutora en Teoría Política pola Universidade de Berkeley, é unha das intelectuais máis relevantes en relación á descolonización das artes e os museos.

É unha pensadora clave do feminismo descolonial. Denuncia os sistemas de dominación racial e de xénero e o colonialismo, especialmente do Estado francés. Escribiu múltiples libros sobre a escravitude, o colonialismo, o patriarcado e as súas resistencias.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Diego Categoría:Feministas de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1952