Javier "Javi" Rueda García, nado en Alozaina o 8 de maio de 2002, é un futbolista español que xoga no Celta de Vigo.

Traxectoria Formouse nas canteiras do Alozaina, Puerto Malagueño, Málaga, San Félix e Real Madrid. O 13 de agosto de 2021, tras rematar a súa etapa como xuvenil, foi cedido á UD San Sebastián de los Reyes da Primeira División RFEF.

Debutou o 29 de agosto de 2021, saíndo como titular nunha vitoria por 1-0 na casa contra o Extremadura UD. En xullo de 2022 saíu cedido de novo, desta vez ao Real Murcia CF, tamén de Primeira Federación.

O 21 de xullo de 2023 asinou un contrato de catro anos co Celta de Vigo, sendo asingado ao equipo filial. O 26 de maio de 2024 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Kevin Vázquez na segunda metade dun empate 2-2 na casa contra o Valencia.

Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Albacete Balompié, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na provincia de Málaga Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Albacete Balompié