Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta europea ou común (Palinurus elephas).

Descrición Alcanza tamaños moi superiores ós normais na lagosta común, chegando a lonxitudes de ata 75 cm e pesos de 5 a 6 kg. Os talles habituais roldan os 50 cm.

O cefalotórax desta especie é maior e máis avultado có da lagosta común, e mostra unha cor rosada-vermella, sen manchas. Na parte lateral do abdome presenta pequenas manchas máis claras có fondo, mesmo brancas, de tamaño desigual.

Nas antenas destacan os aneis rosas e brancos. Outra característica a sinalar é o feito de que o primeiro par de patas non remata en pinza, senón nunha uña única.

Hábitat Atópase no Atlántico occidental africano e no Mediterráneo, chegando á altura do Ecuador. Normalmente prefire fondos duns 100 metros de profundidade.

Sinonimia Outros nomes desta lagosta son os de lagosta mauritánica, lagosta portuguesa, lagosta africana, lagosta salameña, lagosta rosada ou lagosta diamante.

inglés: pink spiny lobster francés: langouste de Mauritania alemán: mauretanische languste italiano: aragosta mauritanica

Categoría:Crustáceos Categoría:Marisco Categoría:Animais descritos en 1911