Sahara Press Service (Servizo de Prensa do Sáhara en galego) (SPS; en árabe: وكالة الأنباء الصحراوية, literalmente  Axencia de Noticias Saharauí) é a axencia de prensa multilingüe oficial da República Árabe Saharauí Democrática. A axencia principalmente informa sobre eventos relacionados coa causa e realidade saharauí, tanto dende os territorios liberados e ocupados por Marrocos de Sáhara Occidental, e dende os campamentos de refuxiado saharauí en Tindouf, Alxeria.

Historia Sahara Press Service fundouse o 29 de marzo de 1999 con apoio do Servizo de Prensa da Alxeria en colaboración coa Asociación Suíza por un Referendo Libre e Xusto no Sáhara Occidental, coñecido tamén como ARSO, en medio das interaccións que resultaron do alto ao fogo da Guerra de Sáhara Occidental o 6 de setembro de 1991. Os despachos do SPS empezaron a publicarse en Internet dende abril do 1999, grazas aos esforzos combinados dos Amigos do Pobo Saharauí en Suíza e España. Entre os fundadores encóntrase o xornalista e entón Ministro de Información da SADR, Mohamed Fadel Ismail Ould Es-Sweyih. O seu director actual e editor en xefe é Saleh Nafee. O SPS tamén publica a revista mensual El Karama, a cal informa sobre as violacións de dereitos humanos na rexión.Besenyő János

Os artigos escribíanse exclusivamente en francés até o 2001, cando se abriu o sitio web de SPS. En marzo de 2001, empezaron a publicar noticias en español. O 20 de abril de 2003, a axencia comezou a reportar en inglés no seu sitio web. En 2005, SPS engadiu o árabe ás opcións de lingua. En setembro de 2010, SPS empezou sacar un boletín informativo semanal en formato PDF. O 1 de xullo de 2012 comezaron a reportar tamén en ruso.

En 25 de xaneiro de 2012 o presidente Sahraui Mohamed Abdelaziz inaugurou a nova sede central da axencia de prensa no campamentos de refuxiados saharauís. O SPS creou un sitio web novo e un logo o 11 de outubro de 2023.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos RASD TV

Ligazóns externas

Categoría:Sáhara Occidental Categoría:Axencias de noticias