A Coordinadora Obrera Sindical (COS) é un sindicato nado en 1987 que se atopa presente en Cataluña, Baleares e na Comunidade Valenciana.
Historia
En 1987 a Confederació Sindical de Treballadors de Catalunya disolveuse formalmente mais unha parte da súa militancia, situada á esquerda, fundou a Coordinadora Obrera Sindical que obtivo o apoio dos grupos da esquerda independentista. Integráronse no Col·lectiu d'Obrers en Lluita. En 1989 producíronse escisións na Confederació Sindical Catalana. Os escindidos pasaron en parte á COS.
A organización celebrou o seu primeiro congreso en 1990. En 1992 entrou nunha crise que non superou ata 1999.
Actualmente atópase nunha fase de crecemento sostido, e ten presenza en polo menos 13 comarcas da Comunidade Valenciana, Cataluña e as Illas Baleares, así como en varias empresas, algunhas delas moi importantes, como Transportes Metropolitanos de Barcelona, a Universidade de Barcelona ou nos Bombeiros da Generalitat. Forma parte da coordinadora nacional da esquerda independentista catalá e considérase o seu referente sindical.
A nivel internacional é membro da Federación Sindical Mundial dende o ano 2013.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Coordinadora Obreira Sindical
Categoría:Independentismo catalán Categoría:Sindicatos de España