Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado na Insuela (Esteiro, Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, en 2025 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Traxectoria Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista, dirixida por Antón Santamarina. Desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998.

Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982). Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é o seu co-director desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC) e mais do Boletín da Real Academia Galega, e do comité editorial das publicacións Treballs de Sociolingüística Catalana, Gragoatá e LaborHistórico. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega, para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino. De 2013 a 2021 foi o Secretario da RAG e desde 2021 o seu Subsecretario. O 4 de abril de 2025 foi elixido presidente da Real Academia Galega.Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega

Foi membro do partido político Compromiso por Galicia. Concorreu como suplente na lista de Sumar Galicia da provincia da Coruña ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.

É un dos once fillos de José María Monteagudo Romaní, que foi alcalde de Muros entre 1954 e 1960 e entre 1968 e 1970. É irmán da tamén exalcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero, do PPdeG, que ocupou o posto entre 2019 e 2023.

Publicacións destacadas Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Ensaio miniatura|Sostendo un exemplar de As razóns do galego. Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso D. Rodríguez Castelao e a tradición galeguista (1995). Vigo: Galaxia. Tese de doutoramento. O son das ondas: Mendiño, Martín Codax, Johán de Cangas, xograres da beiramar (1998). Vigo: Galaxia. Historia social da lingua galega (1999). Vigo: Galaxia. 576 páxs. ISBN 978-84-9151-048-2. Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego (2000). Vigo: Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-8288-390-8. O son das ondas. Mendiño, Martín Códax, Johán de Cangas (2001). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-8288-172-0. Introdución básica, aínda que completa e sistemática, ó complexo fenómeno da lírica galego-portuguesa medieval. Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca (2008). A Coruña: Fundación Barrié. 740 páxs. ISBN 978-84-95892-73-7. Alfonso R. Castelao (2008). Xunta de Galicia. ISBN 978-8445326701. As razóns do galego. Apelo á cidadanía (2009). Vigo: Galaxia. 230 páxs. ISBN 978-84-9865-227-7. A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII (2014). Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 9788494222498. Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra (2017). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-039-0. Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito (2021). Vigo: Galaxia. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-741-2. O idioma galego baixo o Franquismo. Da resistencia á normalización (2021). Vigo: Galaxia. 746 páxs. ISBN 978-84-9151-771-9. Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na linga e na cultura galegas (2024). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-202-1. Erudición e ilustración. Estudos sobre Martín Sarmiento (2024). Santiago: Consello da Cultura Galega. 374 páxs. ISBN 978-84-17802-64-6.

Edicións Cancionero de Payo Gómez Chariño, de Armando Cotarelo Valledor (1984). Xunta de Galicia. A romaría de Xelmírez, de Ramón Otero Pedrayo (1991). Vigo: Galaxia. Antoloxía da prosa literaria galega medieval (1994). Tórculo Ed.. De viva voz Castelao: conferencias e discursos (1996). Fundación Castelao. Os dous de sempre, de Castelao (2001). Vigo: Galaxia. Catálogo de algunos libros curiosos y selectos, para la librería de algún particular, de Frei Martín Sarmiento (2002). Noia: Toxosoutos. Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio (2003). Santiago: Consello da Cultura Galega. De historia natural y de todo género de erudición: obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (2008). Santiago: Consello da Cultura Galega. O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade: ensaios e artigos dispersos (1950-1990), de Ramón Piñeiro (2009). Vigo: Galaxia. “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez (2013). Xunta de Galicia "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro", xunto con María Xesús Lama (2014). Ed. Real Academia Galega. Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía (2016). Real Academia Galega. Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos (2017). RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-154-3.

Obras colectivas Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais). Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia). Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez Blanco e Xosé Luís Regueira. Premio Antón Losada Diéguez.

A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.

Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia). Contos da xustiza (1991, Ir Indo). Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia).Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta. A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama. Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra. Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia). Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia. Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia). Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela). Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares. Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia). Galego, 2 BUP (1998, Xerais). A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia). Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia). Lingua COU (1999, Xerais). Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega). Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia). Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais). Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada. A normalización lingüística a debate (2002, Xerais). O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada. Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia). Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio. Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega). Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega). A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/lingua_sociedade.pdf A sociedade galega e o idioma. Evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003)], obra de varios autores dirixida por Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo. A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións). De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Boullón. Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega). Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia). "A invención dos Séculos Escuros" en Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998. Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000). Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Presidentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1959 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela