Montserrat Domínguez, nada en Madrid en 1963, é unha xornalista española.
Traxectoria Estudou ciencia da información na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente cursou un mestrado en xornalismo pola Universidade Columbia.
A súa carreira como xornalista iniciouse nos informativos de Radio España en 1987. Traballou na Axencia EFE, Canal +, Telecinco e Antena 3 Televisión.
Etapa en Telecinco Presentou os informativos de fin de semana e da edición de noite das Noticias. En 2001 presentou o faladoiro matinal La mirada crítica.
Etapa en Antena 3 Televisión En 2004 abandona La mirada crítica, deixando o seu posto a Vicente Vallés, e ficha para dirixir e presentar un programa homólogo en Antena 3 Televisión: Ruedo Ibérico, programa que se ocupaba da actualidade social e política, con entrevistas e unha mesa de faladoiro.
En visto dos negativos resultados acadados polo programa, Antena 3 decidiu substituílo por unha edición diaria de Espejo público, que ata entón se emitía nas tardes dos domingos presentado por Sonsoles Suárez. Susanna Griso é a condutora desta nova versión do espazo.
Trala retirada de Ruedo Ibérico, Montserrat Domínguez segue estando vinculada á cadea dirixindo Las Noticias de la Mañana.
HuffingtonPost En maio de 2012 pasa a ocupar o posto de directora editorial de El HuffPost de The HuffingtonPost Holdings LLC, posto que mantivo durante 6 anos ata xuño de 2018.
Grupo Prisa En xuño de 2018 pasa a ser a responsable de El País Semanal e da coordinación das revistas de fin de semana S Moda, Icon, Buena Vida, Retina e Ideas do propio grupo editorial.
Dende xuño de 2021 é a directora de contidos da Cadena SER.miniatura|Fotografada en 2010 xunto a Gemma Nierga, Carles Francino, José Luis Rodríguez Zapatero e Àngels Barceló.|centro Véxase tamén
Ligazóns externas Artigos de Montserrat Domínguez en El HuffPost.
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas radiofónicos da Cadena SER Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963