Os Pezizomycetes (pecizomicetos) son unha clase de fungos dentro da división Ascomycota.
Os Pezizomycetes son fungos con apotecios, o que significa que os seus corpos produtores/liberadores de esporas, chamados ascomas, son discoidais e teñen na súa superficie superior unha capa de células cilíndricas produtoras de esporas chamadas ascos, dos cales se descargan as esporas forzadamente.
Grupos importantes desta clase son: fungos con forma de copa (Peziza), cogomelos de coresma (Morchella), trufas (Tuber) e falsas pantorras (Gyromitra).
Notas
Categoría:Pezizomycotina