miniatura|300x300px|Mapa incluído na Historia General de España de Modesto Lafuente, ano 1850. O autor traduce o termo árabe Jalikiah (Galicia) por Reino de León. Segundo a visión tradicional da historiografía española, cuxos conceptos básicos foron introducidos no século XIX por historiadores como Lafuente ou Simonet, o reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León en tempos do rei Afonso III. Segundo o relato dos historiadores decimonónicos, após a morte de Afonso o reino foi dividido entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León, a entidade hexemónica. Durante algúns períodos de tempo o reino de León foi dividido (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a se unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguíndose definitivamente en 1230, cando foi absorbido por Castela.

Porén, este punto de vista, que xa fora posto en cuestión na súa orixe polos historiadores galegos, é hoxe discutido por unha parte da historiografía moderna que considera que as denominacións reino de Asturias e reino de León suplantan á de reino de Galicia, verdadeiro nome do reino, como amplamente demostran as fontes documentais

A revisión da documentación acredita a inexistencia dun reino chamado de Asturias e a errónea suplantación de Galicia por léon. De feito, a primeira mención documental a un reino de tal nome non aparece até o século XI, na crónica de Sampiro, recollida na Historia Legionense. Nun texto no que fica patente que é Galicia o obxecto da narración, pois así é denominado constantemente o reino, até en vinte e oito ocasións.

Nómina dos reis de Galicia con sede rexia na cidade de León. A dinastía dos Ordóñez (910-1037) ImaxeNomeReinado100pxGarcía I910 - 914 100px Ordoño II 914 – 924100pxFroila II924 - 925Afonso Froilaz925 - 926Sancho I924 - 929 100px Afonso IV o Monxe 929 – 931 100px Ramiro II 931 – 951 100px Ordoño III 951 – 956 147x147px Sancho II o Gordo 956 – 958 100px Ordoño IV o Mau 958 – 960 147x147px Sancho II o Gordo 960 – 966 100px Ramiro III 966 – 982 100px Bermudo II o Gotoso 982 – 999 100px Afonso V o Nobre 999 – 1028 100px Bermudo III 1028 – 1037 A dinastía galaico-navarra (1037-1157)

Despois de derrotar as tropas galegas e da morte do rei Bermudo III na batalla de Tamarón, o navarro Fernando I accede ao trono polo casamento con Sancha, irmá de Bermudo.

ImaxeNomeReinado 100px Fernando I 1037 – 1065 División do reino 1065 – 1073 100px Afonso VI 1073 – 1109 100px Urraca I 1109 – 1126 A dinastía Borgoña (1126-1369) ImaxeNomeReinado 100px Afonso VII o Emperador 1126 – 1157 100px Fernando II 1157 – 1188 100px Afonso VIII 1188 – 1230

Após a morte de Afonso VIII, o seu fillo Fernando, xa rei de Castela (herdanza materna), herdou tamén a coroa galego-leonesa, a pesar do seu pai o ter desherdado en favor das fillas Sancha e Aldonza. Polo acordo de paz firmado por mediación da súa nai, Teresa de Portugal, estas renunciaron ao trono en favor do medio-irmán; foi entón que se deu a unificación definitiva dos reinos de Galicia-León e Castela-Toledo, manténdose embora* os privilexios, foros e costumes propios de cada reino en separado.

Dinastía da Borgoña (restauración: 1284-1285 e 1296-1301)

Xurdiron aínda novas tentativas de separar novamente os reinos. O sucesor de Fernando III, o célebre Afonso IX, o Sabio, desherdou en 1282 o seu segundo fillo (o futuro Sancho IV de Castela), con quen se puxera a mal, atribuíndo ao neto que tivera do seu fillo mais vello, Fernando de Lacerda, a coroa de Castela, e ao seu fillo terceiro, Xoán, a coroa dos reinos de Galicia e de León. Por morte do rei, Sancho conseguiu coroarse, contra o estabelecido en testamento, rei de tódolos reinos. Despois da súa morte, durante a menoridade de Fernando IV, Xoán foi coroado en León rei de Galicia, León e Sevilla.

Dinastía de Lencastre (1371-)

Após o asasinato do rei Pedro I de Castela, o último membro da dinastía da Borgoña, e a subida ao trono do Trastámara, Henrique II de Castela, o duque de Lancaster Xoán de Gante casou cunha filla daquel, Constanza, e adoptou os títulos reais lexítimos da súa muller (rei de Galiza, León, Castela etc.) dispoñéndose a facelos efectivos. Foi aclamado rei polos nobres galegos desembarcando na Coruña no 1386. Porén, a evolución dos acontecementos militares xunto a epidemia de peste forzou a súa retirada no ano seguinte.

A lista prosegue con Lista de monarcas de Castela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Publicado tamén en galego:

Outros artigos

León