Ricardo Gómez Polín, máis coñecido como Ricardo Polín, nado en Castroverde en 1958, é un escritor, historiador e docente galego.
Traxectoria
Doutor en Filoloxía, profesor de Didáctica da Lingua e a Literatura na USC (Campus de Lugo) e de Galego no ensino secundario (IES Basanta Silva de Vilalba), ten obra publicada sobre historia da literatura e crítica textual, edición de textos antigos, estudos filolóxicos, ensaios históricos etc.
Ten dedicado moitos estudos ao Camiño Primitivo de Santiago, sendo tamén o creador do nome. É tamén cronista oficial de Castroverde.
Colaborou na Gran enciclopedia galega, Proxecto Galicia, La gran obra de los caminos de Santiago, Ribeira Sacra, Guía da Pastoriza. Tamén en Lucensia, CROA: boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente e A Trabe de ouro.
Obras
El último siglo de la poesía lírica gallego-portuguesa: la escuela gallego-castellana, edición y estudio Ricardo Polín (1994, 5 tomos). UNED. ISBN 84-362-3017-5. A poesía lírica galego-castelá: (1350-1450) (1994). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-171-0. Álbum de Galicia: a muller tradicional (1996). Ed. Xerais. ISBN 978-84-8302-064-7. Álbum de Galicia: Homes do país, os galegos pintados por si mesmos (1999). Ed. Xerais. ISBN 978-84-8302-462-1. Cancioneiro galego-castelán (1350-1450): corpus lírico da decadencia (1997). Ed. do Castro. ISBN 84-7492-856-7. As cantigas mariñas no país de Breogán (2000). Ed. do Castro. ISBN 84-7492-935-0. Camiño a Lugo. Camiño Primitivo de Santiago: guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago na urbe e señorío lucenses (2004). Vigo: A Nosa Terra. Camín de Burón. Camiño Primitivo de Santiago: guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago na Fonsagrada (2006). Vigo: A Nosa Terra. 12 árbores séculos. Arbores senlleiras no camiño primitivo de Santiago (2007). Lugo. Álbum de Galiza: estampas da nosa tribo (2013). Círculo Rojo. ISBN 978-84-9030-980-3. Escritos na floresta: árbores senlleiras na cultura chairega: libro-catálogo da exposición homónima, Auditorio Municipal de Vilalba, decembro de 2014 (2015). Instituto de Estudos Chairegos. Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa (2017). Círculo Rojo. ISBN 978-84-9160-695-6. A fortaleza medieval de Castro Verde (2019). ISBN 978-84-1331-656-7. El carro de las siete luces: memoria intangible del camino primitivo de Santiago: mitos, símbolos, leyendas y rituales (2022). Oviedo: Nobel. Dolores. A cega de Miranda (na súa noite máis clara) (2025). Editroial Tris Tram. Recolle a memoria dunha das grandes difusoras da música popular galega. ISBN 978-84-89377-22-6.
Edicións A víspora de San Xoán de Montecubeiro (1891-1991) e outros poemas galegos / Lois de Cando (1992). Deputación Provincial de Lugo. José Crecente Vega, a poesía de Codeseira: (edición crítica e estudio) (1997). Fundación Caixa Galicia. Con Luz María Durán. ISBN 84-89231-51-6. José Crecente Vega, Folla Bricia: poesía galega completa (2002). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3430-1. Á primeira luzada: obras completas de Francisco de Fientosa / (edición, estudio e notas) Ricardo Polín (2002). Ed. do Castro. Verde terra miñota, poesía completa, relato e xornalismo de Manuel María González (2012). Círculo rojo. El caballero verde: novela histórica orixinal de Benito Vicetto (2018). Círculo Rojo. ISBN 978-84-9194-676-2.
Tese de doutoramento El último siglo de la poesía lírica gallego-portuguesala escuela gallego-castellana: edición y estudio (1993). UNED. (Premio extraordinario)
Premios Premio da Crítica de Galicia en investigación 1998 por por Cancioneiro galego-castelán. Corpus lírico da Decadencia (1350-1450). Premio Literario Ánxel Fole de ensaio por A poesía de Codeseira en 1997. Premio do Ministerio de Educación e Cultura á edición por A muller tradicional (Xerais). Premio “Mans de Irimia” en recoñecemento á súa traxectoria en 2016.
Notas
Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega