miniatura|A Praza do Mercado desde a auga. A Praza do Mercado (en finlandés Kauppatori, en sueco Salutorget) é unha praza central na cidade de Helsinqui, Finlandia. Está localizada no centro de Helsinqui, no extremo leste de Esplanadi e á beira do mar Báltico polo sur e de Katajanokka polo leste. A Autoridade Rexional de Transporte de Helsinqui (HSL) mantén unha ligazón por transbordador durante todo o ano desde a Praza do Mercado a Suomenlinna, e no verán hai tamén compañías privadas que proporcionan viaxes en transbordador, tanto a Suomenlinna coma a outras illas próximas. O Palacio Presidencial, a Casa do Concello de Helsinqui, a Embaixada de Suecia e o edificio da Sede da compañía Stora Enso (deseñada por Alvar Aalto) están todos adxacentes á Praza do Mercado.

miniatura|A Praza do Mercado en 1900. miniatura|A Praza do Mercado e o Porto Sur. miniatura|A Praza do Mercado de Helsinqui en 1948. De primavera a outono a Praza do Mercado é moi activa cos vendedores ofrecendo alimentos finlandeses fescos e obxectos de lembranza. Hai tamén moitos cafés ao aire libre na praza, algúns dos cales serven os pasteis de carne (en finlandés lihapiirakka).

Cando a praza está máis concorrida é a inicios de outubro, cando se celebra o mercado do arenque de Helsinqui anual (silakkamarkkinat).

miniatura|Vellos coches americanos na Praza do Mercado o primeiro venres de maio. Unha longa tradición na Praza do Mercado é a mostra de vellos coches americanos o primeiro venres de cada mes. Todos os automobilistas afeccionados aos coches americanos vellos poden participar na mostra.

As gaivotas son unha crecente ameaza na Praza do Mercado, porque colleron o costume, igual que noutras partes do mundo, de roubar comida ou xeados da man dos paseantes.

Historia Ata os inicios do século XIX, o lugar da Praza do Mercado era o fondo lamacento da baía de Kaupunginlahti con peiraos de pesca. A baía era usada como praza de mercado polos pescadores locais que atracaban as súas embarcacións nos peiraos e vendían peixes á poboación de Helsiqui. Arredor do lugar onde agora está a rúa Pohjoisesplanadi estaba a rúa Eteläinen Rantakatu, alén da cal se atopaba a cidade propiamente dita. A que funcionaba como praza do mercado daquela era a praza Suurtori (en finlandés "Gran Praza"), localizada onde agora está a Praza do Senado.

A Praza do Mercado creouse a inicios do século XIX cando se reconstruíu o centro de Helsinqui para que funcionase como a nova capital do Gran Ducado de Finlandia. O plan ideado para a zona de Johan Albrecht Ehrenström en 1812 fixo que a vella praza Suurtori se convertese na nova Praza do Senado monumental e situou a nova praza do mercado no sitio onde estaban os vellos peiraos pesqueiros. Aterraron o fondo pouco profundo e lamacento da baía, para o cal se necesitou unha gran cantidade de terra de recheo e construíron unha ampla praza do mercado axeitada para o transporte marítimo. Construíronse tres dársenas de porto na praza: unha ao extremo leste para o tráfico a Sveaborg (agora coñecida como dársena Linnanallas), unha no extremo oeste para barcos pesqueiros (agora coñecida como dársena do Cólera) e unha máis ao sur para os barcos de vapor (agora chamada dársena Vironallas). A canle que separou Katajanokka do resto da cidade foi tamén escavada durante a construción, convertendo esta antiga península en tecnicamente unha illa. A inicios da década de 1830 a praza do mercado foi pavimentada cun empedrado.Kauppatori | Kaupunkirakennehistorian selvitys, city design bureau of Helsinki 2016. Consultada o 13 de xaneiro de 2024.

Na década de 1890 construíuse ao longo da costa da praza do mercado a vía do ferocarril do porto de Helsinqui que levaba a Katajanokka; debido ao cal a praza ampliouse gañando algo de terreo ao mar e construíronse dúas pontes en ambos os extremos para que os trens puidesen pasar pola boca da dársena do Cólera e pola canle de Katajanokka. O tráfico de trens a Katajanokka rematou na década de 1980 e as vías foron desmanteladas. Aínda quedan uns vinte metros de vías ferroviarias sobre o empedrado da praza,Pohjanpalo, Olli: Kiskot tiensä päässä | Helsingin rantoja kiertävät syrjäraiteet katoavat metri metriltä, Helsingin Sanomat 7 de abril de 1990. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. e unha cabina que xa non se usa na vella ponte na dársena do Cólera.Klinge, Matti: Eurooppalainen Helsinki, p. 199. Finnish Literature Society 2020. , .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Prazas de Finlandia Categoría:Helsinqui