Friends: The Reunion é un especial de televisión de 2021 sobre a serie de televisión estadounidense Friends. O programa foi presentado por James Corden e producido polos cocreadores da serie, Marta Kauffman e David Crane, Kevin S. Bright, o elenco principal do programa e Ben Winston (quen tamén dirixiu o especial). O especial estreouse en HBO Max o 27 de maio de 2021. No especial, o elenco principal volve aos escenarios da serie orixinal (como os apartamentos, a cafetaría de Central Perk e a fonte de auga), reúnese con convidados que apareceron na serie, así como con famosos, fan lecturas dos guións e recrean episodios, ademais de compartir imaxes da rodaxe. Foi a derradeira aparición de Matthew Perry en pantalla.

Elenco Principal Jennifer Aniston Courteney Cox Lisa Kudrow Matt LeBlanc Matthew Perry David Schwimmer

Produtores da serie Kevin S. Bright David Crane Marta Kauffman

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Friends Categoría:Series de televisión de HBO Max