Xosé Luciano Otero Camiño, nado en Nespereira (Pazos de Borbén) en 1973, é un enxeñeiro técnico e político galego.

Traxectoria Enxeñeiro técnico e funcionario na Universidade de Vigo. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG en Pazos de Borbén e foi elixido concelleiro, mellorando a representación dos nacionalistas de 1 a 2 actas. En setembro de 2012 formalizou o seu abandono do BNG xunto coa outra edil e un nutrido número de integrantes da organización no concello, constituíndo a Asemblea Nacionalista de Pazos de BorbénLos dos ediles del BNG en Pazos abandonan el partido junto a una mayoría de la Asamblea Local. Esta, de cara ás municipais de 2015, transformouse na Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén, a cal encabezou logrando 4 concelleiros, consolidándose como pirncipal alternativa ao Partido Popular no concello. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a Alternativa Veciñal e volveu a se-la principal forza da oposición, se ben baixou a 3 concelleiros.

Nas municipais de 2023 encabezou novamente a Alternativa Veciñal subindo ata os 4 concelleiros e, logo de que o PP perdese a maioría absoluta, foi elixido alcalde co apoio do BNG e do PSdeG e conformou un goberno minoritario en solitario

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pazos de Borbén Ligazóns externas Acuerdo inminente de investidura en Pazos de Borbén, donde Alternativa Veciñal prevé desbancar al PP tras más de un cuarto de siglo en el poder en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Pazos de Borbén Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pazos de Borbén Categoría:Nados en 1973