Laura Zúñiga Cáceres é unha activista dos dereitos humanos hondureña do pobo lenca. É a filla máis nova da líder social Berta Cáceres, asasinada en 2016.

Traxectoria É membro do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (COPINH) e integrante da Fronte Xuvenil Fagamos O Imposible (HLI).

Compareceu ante a Comisión de Dereitos Humanos da Organización dos Estados Americanos e ante a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2019. Participou nun mitin contra o Acordo Transpacífico de Cooperación Económica na Convención Nacional Demócrata de 2016.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Caceres' Daughter: 'Women Defenders of Land Have A Resistance'". [Hija de Cáceres: 'Las mujeres defensoras de la tierra tienen una resistencia']. Telesur (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2020. Zárate, Joseph (2 de febrero de 2017). "Los herederos de Berta Cáceres". The New York Times. Consultado o 23 de decembro de 2020.

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Honduras Categoría:Pobo lenca Categoría:Activistas de Honduras Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas