Ramón Pazos Liñares, coñecido como Azaña, nado na Baña en 1888 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Veciño do Castro (Lañas), militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Detido, foi xulgado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1937 na causa 705/36 con Santiago Álvarez Calvo, acusados de rebelión; Ramón foi condenado a pena de morte.El Eco de Santiago, 28-7-1937, p. 2. Foi executado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937 con Gerardo Piñeiro Piñeiro e David Mariño Ramos.El Compostelano, 11-10-1937, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Vida persoal

Casou con María Liñares Torreira. Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1937