O castelo novo de Manzanares el Real, coñecido tamén como castelo dos Mendoza ou, sinxelamente como castelo de Manzanares el Real, é un palacio-fortaleza de orixe baixomedievalVarios autores, Guía breve de las fortificaciones medievales de la Comunidad de Madrid, Servizo de Promoción e Difusión do Patrimonio Histórico, Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid, Madrid, 2005 que se atopa no concello de Manzanares el Real (Madrid, España), ao pé da serra de Guadarrama e xunto ao río Manzanares, que nese treito é retido no encoro de Santillana.
Edificado no século XV sobre unha igrexa románica-mudéxar, que quedou integrada dentro da estrutura,F.J. Ignacio López de Silanes Valgañón, El románico en Madrid, Ediciones La Librería, Madrid, 2014 foi concibido como a residencia palaciana da Casa de Mendoza, unha das liñaxes máis influentes de Castela durante a Baixa Idade Media e o Renacemento.Diego Gutiérrez Coronel, Historia Genealógica de la Casa de Mendoza, Consello Superior de Investigacións Científicas, Madrid, 1946 Substituíu un castelo anterior, que estaba situado nun enclave próximo, propiedade igualmente da devandita familia.
Na súa construción participou o arquitecto Juan Guas (1430-1496), quen empregou trazos gótico isabelinos, con influencias hispanomusulmás.Roberto González Ramos, Los hispano-islamismos de Juan Guas. Construcción y revisión de un tópico historiográfico, capítulo de La arquitectura tardogótica castellana entre Europa y América, obra coordinada por Begoña Alonso Ruiz, Ediciones Sílex, Madrid, 2011 Considérase como o precedente do Palacio do Infantado (Guadalaxara),Áurea de la Morena, La arquitectura en la época de los Reyes Católicos. Identidad y encrucijada de culturas, Anales de Historia del Arte, número 9, Madrid, 1999Varios autores, Congrès international, conservation, réhabilitation, recyclage, Université Laval. Ecole d'architecture, Ordre des architectes du Québec, Canadá, 1981Francisco Layna Serrano, El Palacio del Infantado en Guadalajara, AACHE Ediciones, Guadalajara, 1997 obra clave da arquitectura renacentista española, onde o citado autor deixou definido o prototipo palaciano do reinado dos Reis Católicos.María Estrella Cela Esteban, Elementos simbólicos en el arte castellano de los Reyes Católicos: el poder real y el patronato regio, Universidade Complutense de Madrid, Madrid, 1991, páxina 64
Grazas a sucesivas restauracións, presenta un excelente estado de conservación.E. Sancho, Ocho espectaculares castillos de la Comunidad de Madrid, ABC, Madrid, 22 de outubro de 2015 Até o seu peche ao público, albergaba un centro de interpretación sobre o medievo,Axencia EFE, El castillo de Manzanares el Real, centro de interpretación del medievo, El Mundo, Madrid, 19 de abril de 2007 ademais dunha colección de tapices, pinturas, armaduras e mobles dos séculos XVI a XIX. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931. É propiedade do Ducado do Infantado. Até xaneiro de 2025, a súa administración e uso correspondía á Dirección Xeral de Turismo da Comunidade de Madrid, que permitía a súa visita e a celebración de actos de carácter público e institucionais dentro do recinto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares
Categoría:Palacios da Comunidade de Madrid