Amarante é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na rexión Norte e subrexión do Támega, con cerca de 9.900 habitantes.

Xeografía esquerda|miniatura|300px|Vista de Amarante e o río Támega.

É cabeza dun municipio con 299,25 km² de área e 61.029 habitantes (2004), subdividido en 26 freguesías.Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Acedido a 19/07/2013. O concello limita ao norte co municipio de Celorico de Basto, ao nordeste co de Mondim de Basto, ao leste co de Vila Real e co de Santa Marta de Penaguião, ao sur cos concellos de Baião, Marco de Canaveses e Penafiel, ao oeste co de Lousada e a noroeste co de Felgueiras.

No contexto de políticas sub-rexionais de desenvolvemento e de mobilidade, é membro da Comunidade Urbana (ComUrb) do Baixo Támega, constituída por 7 municipios, que en total contabilizaban 198.058 habitantes en 2001, sendo tamén a súa capital.

O comercio e os servizos céntranse principalmente na cidade de Amarante e en Vila Meã, que constitúen os dous principais núcleos urbanos do concello.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Gonzalo.

Freguesías 300px|miniatura|Freguesías do concello de Amarante logo da reorganización administrativa de 2013.

Desde a reorganización administrativa de 2012/2013, o concello de Amarante está composto por 26 freguesías:

Aboadela, Sanche e Várzea Amarante (São Gonçalo), Madalena, Cepelos e Gatão Ansiães Bustelo, Carneiro e Carvalho de Rei Candemil Figueiró (Santiago e Santa Cristina) Fregim Freixo de Cima e de Baixo Fridão Gondar Jazente Lomba Louredo Lufrei Mancelos Olo e Canadelo Padronelo Real, Ataíde e Oliveira Rebordelo Salvador do Monte São Simão de Gouveia Telões Travanca Vila Caiz Vila Chã do Marão, anteriormente Vila Chão do Marão Vila Garcia, Aboim e Chapa

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Cámara Municipal de Amarante

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto