Paolo Bettini, nado o 1 de abril de 1974 en Cecina (Livorno), alcumado Il Grillo (o grilo), é un ciclista italiano, profesional dende 1997 e especialista en espríns.

Traxectoria deportiva miniatura|esquerda|Paolo Bettini co maillot de campión do mundo Paolo Bettini comezou no ciclismo con 7 anos, colleitando todo tipo de vitorias en carreiras para nenos e rapaces. En 1996, clasifícase da cuarto nos mundiais para afeccionados e ao ano seguinte pasa a ser profesional co equipo MG-Technogym. Ao ano seguinte muda para o Asics-CGA, e ao outro ano para o Mapei, onde militará tres anos. É con este conxunto co que consegue a súa primeira vitoria como profesional, unha tirada do Tour de Romandía.

En 2000 consegue a súa única vitoria no Tour de Francia e a súa primeira clásica, a Liexa-Bastogne-Liexa. Ao ano seguinte consegue o subcampionato do mundo en estrada, antes de trocar para o equipo belga do Quick-Step. Gañou tres veces consecutivas a Copa do Mundo de ciclismo (2002, 2003 e 2004), de xeito que é o único ciclista que conseguiu tal mérito. O 14 de agosto de 2004 gañou a medalla de ouro nos Xogos de Atenas na proba de ciclismo en estrada masculina.

En 2006 consegiu finalmente o título mundial de ciclismo en estrada, ademais do título italiano, que xa obtivera por primeira vez en 2003.

Palmarés Campión do mundo 2006 Campión olímpico 2004 Campión de Italia de ciclismo en rota en 2003 e 2006. 1 tirada do Tour de Francia (2000. Copa do Mundo de ciclismo (2002, 2003, 2004) Mellor ciclisma do mundo para a Unión Ciclista Internacional (2002, 2003, 2004) 2 tiradas do Giro de Italia (2005 e 2006) 2 tiradas da Vuelta a España (2006 e 2007) 2 Liexa-Bastogne-Liexa (2000 e 2002) 2 Volta a Lombardía (2005 e 2006) 1 Milán-San Remo (2003) 1 Tirreno-Adriático (2004) e 4 tiradas Tirreno-Adriático (1999, 2000, e dúas en 2004) 1 Clásica de San Sebastián (2003) 1 tirada no Tour de Romandía (1999) 1 HEW Cyclassics (2003) 1 tirada na Volta a Suíza, Gran Premio de Camaiore. 1 tirada na Volta a California.

Vida persoal Está casado e ten unha filla. Tiña un irmán chamado Sauro, tamén ciclista, que faleceu nun accidente de estrada o 3 de outubro de 2006.

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Livorno Categoría:Ciclistas olímpicos de Italia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Italia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia