O denominado Edicto do Bierzo é unha placa de bronce de forma rectangular cun anel na parte superior, gravada con varios círculos concéntricos, encontrada en 1998 nun castro próximo á localidade berciana de Bembibre, por J. A. Balboa, quen así mesmo deu a luz a edición príncipe. O documento é denominado tamén Téssera de Bembibre e Edicto de Augusto.
A placa, datada no ano 15 a. C., é o documento escrito máis antigo que se coñece sobre os ástures. Neste documento está implícita unha descrición da organización social e política de certos populi ástures e galaicos.
Na actualidade consérvase no museo de León.
Texto da placa A lectura do texto estabelecida por Géza Alföldy e aceptada pola maioría dos investigadores é a seguinte:
Imp(erator) · Caesar · Divi · fil(ius) · Aug(ustus) · trib(unicia) · pot(estate) · VIIII · et · pro·co(n)s(ule) · dicit · Castellanos · Paemeiobrigenses · ex · gente · Susarrorum· desciscentibus · ceteris · permansisse · in officio · cognovi · ex omnibus · legatis · meis · qui · Transdurianae · provinciae · prae/fuerunt · itaque · eos · universos · immunitate · perpetua · dono · quosq(ue)agros · et quibus · finibus · possederunt · Lucio · Sestio · Quirinale leg(ato) · meo · eam · provinciam · optinente{m} · eos · agros · sine · controversia · possidere · iubeo Castellanis · Paemeiobrigensibus · ex gente · Susarrorum · quibus · ante · ea · immunitatem · omnium · rerum · dederam · eorum · loco · restituo castellanos Aiiobrigiaecinos · ex gente · Gigurrorum · volente · ipsa · civitate · eosque castellanos · Aiiobrigiaecinos · omni · munere · fungi · iubeo · cum · Susarris · Actum · Narbone · Martio · XVI · et · XV · k(alendas) · Martias · M(arco) · Druso · Libone · Lucio · Calpurnio · Pisone co(n)s(ulibus)» Tradución do texto
O mesmo Alföldy facilitou unha tradución en alemán e castelán da que arranxamos a galega:
Comentario Á parte de diversas controversias (algunhas sobre a súa autenticidade, rexeitadas pola autoridade de Géza Alföldy), suscita certas cuestións: A existencia dunha provincia hispana ata agora descoñecida: a Transduriana, e de límites imprecisos, aínda que o río Douro, antigo Durius, parece marcalo polo Sur. Fálase dunha defección, unha probábel rebelión, entre os ástures, que debe aludir a movementos últimos contra a imposición da autoridade romana, nos anos inmediatos ás Guerras contra cántabros e ástures, librada con presenza persoal do mesmo Augusto. Colíxese que son castigados os gigurri, un pobo prerromano, cuxo territorio corresponde á actual comarca do Valdeorras, na zona oriental da provincia de Ourense, de xeito que unha das súas divisións menores, os castellani (habitantes dun castelo ou castro) Aiiobrigaecinos (o xentilicio deses castrexos), pasen a axudar no pagamento dos impostos aos "castellani" Pameiobrigenses (é dicir do castro de Pameiobriga, que se identifica polos expertos co nome de Bembibre), do pobo dos Susarros, evidentemente localizado no Bierzo.
Como os Aiiobrigaecinos son identificados como citados tamén na Téssera do Caurel, o Edito do Bierzo, abre o problema de cal era a verdadeira extensión do territorio dos gigurri, talvez maior cara ao norte do que é o actual Valdeorras.
Véxase tamén Bibliografía F.-Javier Sánchez-Palencia, Julio Mangas (coords.), El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania'' (2000). Ponferrada - ISBN 84-607-1964-2
Outros artigos Ástures Guigurros
Edito do Bierzo Edito do Bierzo Categoría:O Bierzo Categoría:Táboas arqueolóxicas Categoría:Edictos