Alberte Ansede Estraviz, nado en Vilasantar o 3 de setembro de 1957, é un filósofo, pedagogo, docente e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, nas especialidades de Orientación Educativa e Administración Educativa. Profesor de educación secundaria no instituto de Mugardos.
Foi presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) entre 1988 ata 2001 e director das Xornadas do Ensino de Galiza entre 1989 e 2001.
Foi secretario e desde 2022 presidente da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
Foi membro do Comité Organizador de congresos e Simposios entre como o I Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (Santiago de Compostela 1992), Castelao na Galiza do s. XX (A Coruña, 1999) Castelao. Co Pensamento en Galiza (Pontevedra, 2000) e Simposio Internacional de Linguas sen normalizar (Pontevedra, 2001).
Ten colaborado en Nós Diario.
Político do BNG Membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde o ano 2001. Foi Secretario de Organización e membro da Executiva Nacional. Tamén milita na UPG.
Colaborador de Terra e Tempo.
Obras
Coordinador do libro Eduardo Blanco Amor: álbum de literatura (con diapositivas. ASPG Coordinador editorial de máis dunha vintena de libros en galego para o ensino non universitario. Coordinador con Cesáreo Sánchez Iglesias do proxecto Enciclopedia - Antoloxía da literatura galega desenrolado en tres anualidades (de 1995-98) que supuxo a edición de 50 libros representativos da literatura galega, acompañados doutros tantos fascículos que constituíron unha historia da literatura galega. Este proxecto recibiu a axuda da Comisión das Comunidades.
Notas
Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Nados en 1957 Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela