O Livro da montaria é un tratado de caza do século XV en forma de códice redactado na corte do rei portugués João I de Portugal entre 1415 e 1433. Trata a caza do xabaril e constitúe unha das obras máis notábeis do século XV en lingua portuguesa. Consta de tres libros organizados en 70 capítulos nos que se abordan, desde os beneficios da práctica da montaría ata os coidados dos cans, o papel dos mozos e monteiros e as tácticas e estratexias a seguir na caza mesma.
Edicións
No Arquivo Histórico Provincial de Lugo consérvase unha copia parcial. Consiste en 10 bifolios, 11 folios e 4 fragmentos, que corresponden aproximadamente a unha cuarta parte da obra total. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Copia accesíbel no Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Categoría:Caza
Categoría:Literatura de Portugal Categoría:Obras literarias en portugués