A Constitución española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha monarquía parlamentaria.

Historia miniatura|Exemplar da Constitución española de 1978 no que se mostra o Escudo de España entre 1977 e 1981. Como parte da Transición española cara á democracia, a morte do ditador Xeneral Francisco Franco, o 20 de novembro de 1975, supuxo a proclamación como rei de Xoán Carlos I, e pouco despois (en xullo de 1976) a formación dun Goberno presidido por Adolfo Suárez, e designado segundo a lexislación vixente. O Goberno enviou, en outubro de 1976, ás Cortes un proxecto de Lei para a Reforma política, que foi aprobado polas Cortes, e, posteriormente, e segundo todos os requisitos esixidos polas Leis Fundamentais (sinaladamente a Lei de Sucesión) sometido a referendo.

Esta Lei para a Reforma Política viña supoñer unha notable alteración das leis fundamentais, sen introducir ela mesma un sistema democrático-constitucional pero facendo posible a creación deste. A Lei inseríase formalmente no ordenamento vixente (a súa disposición final definíaa expresamente como «Lei fundamental») pero difería radicalmente no seu espírito dese ordenamento, xa que:

recoñecía os dereitos fundamentais da persoa como inviolables (artigo 1) confería a potestade lexislativa en exclusiva á representación popular (artigo 2) prevía un sistema electoral inspirado en principios democráticos e de representación proporcional. Posteriormente o Real Decreto Lei 20/1977, de 18 de marzo, regulou o procedemento para a elección das Cortes, elección que se levou a cabo o 15 de xuño de 1977, nas primeiras eleccións libres desde febreiro de 1936.

Unha das tarefas prioritarias das Cortes foi a redacción dunha Constitución. A Lei de Reforma Política ofrecía a posibilidade de que a iniciativa da reforma constitucional correspondese ao Goberno ou ao Congreso dos Deputados, elixíndose esta última opción.

A Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas do Congreso dos Deputados designou un Relatorio de sete deputados, que elaborou un anteproxecto de Constitución. Estas sete persoas, coñecidas como os Pais da Constitución foron:

Gabriel Cisneros (UCD) José Pedro Pérez Llorca (UCD) Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón (UCD) Miquel Roca i Junyent (CDC) Manuel Fraga Iribarne (AP) Gregorio Peces-Barba (PSOE) Jordi Solé Tura (PCE)

O anteproxecto discutiuse na Comisión e, posteriormente foi discutido e aprobado polo Congreso dos Deputados. A continuación, procedeuse ao exame do texto do Congreso pola Comisión Constitucional do Senado, e o Pleno do mesmo órgano.

A discrepancia entre o texto aprobado polo Congreso e o aprobado polo Senado fixeron necesaria a intervención dunha Comisión Mixta Congreso-Senado, que elaborou un texto definitivo. Este foi votado e aprobado polas dúas Cámaras. Sometido a referendo, foi ratificado o día 6 de decembro de 1978 co 87% dos votos ao seu favor, sancionado o día 27 do mesmo mes polo Rei, e publicado no BOE o 29 de decembro (evitouse o día 28 por coincidir co día dos Santos Inocentes, tradicionalmente dedicado ás bromas). Desde entón, cada 6 de decembro é festa nacional en España, celebrándose o Día da Constitución.

Estrutura

A Constitución é a Norma Fundamental do Estado, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns. Toda disposición ou acto contrario á Constitución carece de validez e será convenientemente expulsado do ordenamento xurídico ou sancionado con arranxo ás normas sobre xustiza constitucional e outras disposicións constitucionais e legais.

Seguindo a liña das constitucións modernas, a Constitución Española de 1978 estrutúrase en dúas partes claramente diferenciadas en canto ao seu contido: a parte dogmática e a parte orgánica.

Parte dogmática Nesta parte da norma xurídica faise unha declaración de principios que indican e recollen os valores imperantes na sociedade que a promulga. Na Constitución Española a parte dogmática está constituída polas seguintes partes: Preámbulo Título preliminar (artigos 1 a 9). Título I, denominado «Dos dereitos e deberes fundamentais» (artigos 10 a 55).

Na parte dogmática aparecen os principais dereitos constitucionais dos cidadáns españois. Á súa vez, o Título preliminar contén os Principios constitucionais que determinan a configuración do Estado e os seus acenos de identidade.

A soberanía nacional faise residir no pobo español, pero a polémica redacción do artigo 2, que inclúe o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que integran a nación española sempre foi destacado pola ambigüidade da súa redacción que, aínda que permitiu o consenso para a súa aprobación, tamén deu lugar a múltiples interpretacións.

Parte orgánica Deséñase a estrutura do Estado regulando os órganos básicos que exercen os poderes estatais. O sistema español conserva o deseño tripartito de división de poderes de Montesquieu, entre Poder executivo, Poder lexislativo e Poder xudicial. Os apartados correspondentes na Constitución Española son os seguintes: Título II, «Da Coroa» (artigos 56 a 65) Título III, «Das Cortes Xerais» (artigos 66 a 96) Título IV, «Do Goberno e da Administración» (artigos 97 a 107) Título V, «Das relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais» (artigos 108 a 116) Título VI, «Do poder xudicial» (artigos 117 a 127) Título VII, «Economía e Facenda» (artigos 128 a 136) Título VIII, «Da organización territorial do Estado» (artigos 137 a 158) Título IX, «Do Tribunal Constitucional» (artigos 159 a 165) Título X, «Da reforma constitucional» (artigos 166 a 169)

A Constitución finaliza coas 4 Disposicións Adicionais, 9 Transitorias, 1 Derrogatoria e 1 Final.

Preámbulo ou limiar A redacción do limiar da Constitución era considerada un honor e unha habilidade literaria. A persoa elixida para este propósito foi Enrique Tierno Galván, a continuación móstrase o texto íntegro do limiar

Título preliminar É un breve título de só 9 artigos que establece algunhas das bases do estado: desde a súa definición ata símbolos ou lingua. Artigo 1.

1. España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores de seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.

2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.

3. A forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria. Artigo 2. A Constitución fundaméntase na Indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de tódolos españois, e recoñece e garantiza o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas. Artigo 3. 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Tódolos españois teñen o deber de coñecela e o dereito a úsala.

2. As outras linguas españolas serán tamén oficiáis nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e protección. Artigo 4. 1. A bandeira de España está formada por tres franxas horizontais, vermella, marela e vermella; a. marela é dobre de ancha do que cada unha das vermellas.

2. Os Estatutos poderán recoñecer bandeiras e mais enseñas propias das Comunidades Autónomas. Estas utilizaranse xunto á bandeira de España nos seus edificios públicos e nos seus actos oficiáis. Posteriormente e mediante a Lei 33/1981, de 5 de outubro, do Escudo de España regulouse tamén o Escudo de España Artigo 5. A capital do Estado é a vila de Madrid. So destacar o dato anecdótico de que, a pesar de ser a entidade de poboación meirande de España, a capital do estado é legalmente unha vila, non unha cidade. Artigo 6. Os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política. A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respeto a Constitución e mais á lei. A súa estrutura interna e funcionamiento deberán ser democráticos. Artigo 7.

Os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles son propios. A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respeto á Constitución e á lei. A súa estructura interna e funcionamiento deberán ser democráticos. Artigo 8. 1. As. Forzas Armadas, constituidas polo Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, teñen como misión gárantiza-la soberanía e a independencia de España, defende-la súa integridade territorial e o ordenamiento constitucional.

2. Unha lei orgánica regulará as bases da organización militar de acordo cos principios da presente Constitución. Artigo 9. 1. Os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á Constitución e ao resto do ordenamiento xurídico.

2. Corresponde aos poderes públicos promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas; removeren os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitaren a participación de tódolos cidadáns na vida política, económica, cultural e social.

3. A Constitución garantiza o principio da legalidade, a xerarquía normativa, a publicidade das normas, a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuáis, a seguridade xurídica, a responsabilidade e maila interdición da arbitrariedade dos poderes públicos.

Debullando estes principios que garante o número 3 deste artigo 9, temos: Principio de legalidade: segundo o dereito constitucional, defínese como o principio que garante a primacía da Lei, superioridade ou xerarquía da mesma con respecto de calquera outra clase de norma. No caso do dereito penal, fai referencia ao principio xurídico segundo o que non pode castigarse unha acción ou omisión se non está codificada como delito na Lei. Publicidade das normas: Principio exixido pola seguridade xurídica, que permite aos cidadáns coñecer as normas que estean obrigados a cumprir. A publicidade das normas é un dos piares do Estado de Dereito,http://www.enciclopedia-juridica.com/d/publicidad-de-las-normas/publicidad-de-las-normas.htm de feito as normas non entran en vigor ata a súa publicación. Na práctica, a publicación das normas no BOE e nos demais diarios oficiais das Comunidades Autonónomas garante este principio

Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais Recolleuse unha ampla declaración de dereitos individuais, sen restricións. Incluíronse dereitos xurídicos, políticos, sociais (dereito ao traballo, á vivenda, á educación, á sanidade) e económicos, tamén se apuntan os dereitos ecolóxicos.

O título estrutúrase en cinco capítulos, o segundo deles con tres seccións. O primeiro funciona como marco para todo o título, o segundo, xunto co terceiro enumera e xerarquiza os dereitos. O cuarto expón os mecanismos legais de defensa dese dereitos e o quinto fala da súa suspensión.

Comeza co artigo 10, que serve de limiar a todo o título. Este ten dous parágrafos claramente diferenciados. O primeiro é unha declaración xeral que afirma que o respecto pola dignidade humana é base de toda orde social. O segundo aporta unha clave de lectura de todo o título: hai que interpretalo segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e outros acordos ou tratados internacionais, por exemplo, Declaración dos Dereitos do Neno.

Capítulo I. Dos españois e os estranxeiros

Capítulo II. Dereitos e liberdades O capítulo comeza co artigo 14 que ten unha función similar ao artigo 10 para todo o título. Serve como limiar e marco dos dereitos que se van detallar a continuación.