Jorge Rodríguez Álvarez, coñecido como Xurxo Esquío, nado en Ponferrada en 1973, é un músico e escritor galego.
Traxectoria Empezou a súa carreira musical coa banda punk-rock Micropuntos, coa que editou dúas maquetas, a última das cales foi gravada por Arturo Vaquero.
Despois de mudarse a Estrada, fundou a banda de punk-rock-garaxe Esquíos, coa que editou nove discos sendo o compositor de música e letra, deseñador das portadas, realizador e editor dos videoclips, e o responsable e produtor da gravación de dous dos discos, Éche o que hai (2009) e Galician carraxe on garaxe (2010).EsquíosEsquíos
Despois de resultar premiado en varios pequenos certames literarios, editou a súa primeira novela O Autostopista (2016). Logo de que a editorial compostelá Contos Estraños seleccionara un dos seus relatos para un volume da compilación de relatos de título homónimo ao nome da editorial, editou con eles a novela distópica O secuestro de Brigantia (2018).Xurxo Esquío presenta su nueva novela, «O secuestro de Brigantia»Xurxo Esquíos presenta el domingo su nueva novela, "O secuestro de Brigantia"
No ano 2019 fundou a banda de garaxe-punk-pop Gharabullo, coa que grabou un albúm homónimo nos estudios Bonham da Coruña.Gharabullo O grupo está, por un breve lapso de tempo, en boca de todos os amantes dese tipo de sons. A revista musical Ruta66 contacta con eles para entrevistalos, e chega a a actuar no programa Bamboleo da TVG.Gharabullo, adáptate o muere A situación provocada pola pandemia global provoca a disolución da banda.
No ano 2020 editou unha serie de EPs baixo o nome de Búfalo Vil, nas que se facía cargo das voces e todos os instrumentos. Con Búfalo Vil, axudado por músicos amigos, realizou algunhas presentacións en directo en Santiago de Compostela e A Estrada.
No ano 2025 edita un EP baixo o nome de Bico!!, que despois da procura dun baixista e dunha batería, pasa a ser unha banda real.
Libros publicados O autostopista (Lulú, 2016). O secuestro de Brigantia (Contos Estraños, 2018). La bóveda (Amazon, 2023). Magia (Amazon, 2023). Cuento hasta nueve (Amazon, 2023).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xurxo Esquío
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores en lingua galega
Categoría:Escritores en lingua castelá