Laura Ferrero Carballo, nada en Barcelona en 1984, é unha xornalista, escritora, guionista e editora freelance española.
En 2025 participou no II Encontro Pontevedra Literaria.
Traxectoria Estudou Xornalismo e Filosofía na Universidade de Navarra e ten un Mestrado en Edición pola Universidade Pompeu Fabra. Traballa como editora e scout literaria para editoriais españolas e internacionais e foi crítica literaria do suplemento cultural do xornal ABC e en Cultura/s La Vanguardia. Tamén colaborou en El País e La Ventana, de Cadena SER.
Autoeditou o libro de relatos Piscinas vacías na plataforma megustaescribir e, tras entrar no top 100 de Amazon, foi publicado por Alfaguara en 2016. En 2017 publicou a súa primeira novela Qué vas a hacer con el resto de tu vida (Alfaguara) e, en 2018, o álbum ilustrado El amor después del amor da editorial Bridge (L'amor després de l'amor na súa versión en catalán), con ilustracións de Marc Pallarés.
Escribiu, xunto a Isabel Coixet, o guión de Un amor, película dirixida por Isabel Coixet e estreada en 2023. É a adaptación ao cine da novela homónima de Sara Mesa. Con Isabel Coixet tamén escribiu El sostre groc (El techo amarillo).
Obra
Piscinas vacías (2016). ISBN 978-84-204-2387-6. Autoedición. Alfaguara, 2016. Que vas a hacer con el resto de tu vida (2017). Alfaguara. ISBN 978-84-204-1960-2 El amor después del amor (2018). Bridge. ISBN 9788416670475. L'amor després de l'amor (2018) ISBN 9788416670437. La gente no existe (2021). Alfaguara. ISBN 9788420454641. Los astronautas (2023). Alfaguara. ISBN 978-8420461274.
Premios e recoñecementos
2024 Premio Gaudí mellor guión adaptado a Laura Ferrero e Isabel Coixet por Un amor. 2024. Nomeamento a Premio Goya mellor guión adaptado, a Luara Ferrero e Isabel Coixet, por Un amor.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Guionistas de España Categoría:Nados en 1984 Categoría:Xornalistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá