O Tappara Naiset foi un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo creouse en 1990 e cesou as súas actividades en 2015.
Ao longo da súa historia disputou 12 tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, nas que o seu maior logro foron tres clasificacións seguidas para os play-offs nas tempadas 2001-02, 2002-03 e 2003-04, non conseguindo nunca superar os cuartos de final.
No outono de 2024 iniciouse o traballo cun grupo de nenas a nivel pasatempo, baixo a dirección de Linda Leppänen, antiga xogadora do Ilves e das Espoo Blues, así como dobre medallista olímpica e prata mundial coa selección finlandesa. Un ano despois, en 2025, creouse a Aikuisten Naisten Kiekkokoulu (en galego Escola de Hóckey sobre Xeo para Mulleres Adultas) tamén da man de Linda Leppänen.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web das actividades de hóckey sobre xeo feminino do club
Categoría:Tappara Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia