The Time That Remains (en árabe: الزمن الباقي, en galego: O tempo que queda), cuxo título completo é The Times That Remains: Chronicle of a Present Absentee (O tempo que queda: crónica dun ausente presente), é un filme palestino-franco-israelí de 2009 do director de cine palestino Elia Suleiman.
Sinopse En catro episodios históricos a película relata de xeito semiautobiográfico a vida da familia de Elia Suleiman en Nazaret desde a fundación do Estado de Israel en 1948 até o século XXI. O guión baséase nos diarios do seu pai desde a rendición de Nazaret na guerra árabe-israelí de 1948, nas cartas que a súa nai enviaba aos seus familiares que foron exiliados forzosamente durante a Nakba e nos recordos do propio director. A través desta historia familiar, o director tenta retratar a vida dos palestinos que se converteron en árabes israelís tras decidir quedar no seu país.
Sobre a película É a terceira parte dunha triloxía cuxos filmes anteriores son Chronicle of a Disappearance (1996) e Divine Intervention (2002). A película componse de cinco episodios duns 20 minutos, separados por un fundido a negro, nos que Suleiman evita dar datas así como referencias históricas explícitas aos acontecementos históricos que subxacen o relato, aínda que son facilmente recoñecibles. O enfoque cínguese á historia dunha familia e dos seus veciños nun barrio palestino nazareno, retratados cun humor irónico a miúdo comparados cos dos cineástas Jacques Tati e Buster Keaton, e con poucos diálogos –o personaxe interpretado por Suleiman non fala nunca—.
Elenco
Saleh Bakri - Fuad Yasmine Haj - Nadia Leila Muammar - Thuraya Elia Suleiman - Elia
Equipo artístico
Elia Suleiman - Director e guionista Marc-André Batigne - Director de fotografía Sharif Waked - Director artístico Véronique Lange - Montaxe Pierre Mertens, Christian Monheim - Son Yasmine Hamdan - Música
Festivais e premios The Times That Remains foi presentada na selección oficial do Festival de Cannes 2009 e foi nomeada para a Palma de ouro. Ese ano recibiu o Gran Premio do Xurado dos Asia Pacific Screen Awards (APSA) en Brisbane, Australia, e Elia Suleiman recibiu o Premio ACCA do Xurado ademais do premio ao Mellor Director no Festival Internacional de Cine de Mar da Prata, Arxentina. Un ano despois, Suleiman foi premiado co Alhambra de Prata ao Mellor director e a película co Premio do Público á Mellor Película no Festival de Selecta Cines do Sur 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb
Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia