María José Sampedro Fernández, chamada Mariola Sampedro, nada cara a 1988, é unha política galega conservadora, alcaldesa de Ribeira desde 2025 polo PPdeG.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo na Universidade San Pablo CEU de Madrid e obtivo un mestrado en Dirección de Comunicación, Relacións Públicas e Protocolo. Viviu en Madrid varios anos, onde estivo afiliada ao PP, e onde traballou en prácticas para o medio dixital Intereconomía. Regresou a Ribeira en 2014 para facerse cargo da xefatura de gabinete do alcalde, Ruiz Rivas.

Deu o salto á política na parte pública logo das eleccións municipais de 2019, cando foi unha das novidades da candidatura de Ruiz Rivas. O PPdeG gañou as eleccións e Sampedro ocupou a primeira tenza de alcaldía. Logo das eleccións municipais de 2023 o PPdeG de Sampedro pasou á oposición, mais recuperou a alcaldía en outubro de 2025 logo dunha moción de censura contra o alcalde nacionalista Luís Pérez Barral, apoiada polos votos do PPdeG e dalgúns concelleiros do partido conservador local PBBI.

Vida persoal Ten colaborado coa Asociación Española Contra el Cáncer.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Ribeira

Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XX