Pedro de Rojas Tapia, nado en Antequera (provincia de Málaga) cara a 1940 e finado na mesma vila o 29 de maio de 2010, foi un médico e cirurxián español, así como político do Partido Socialista Obrero Español.
Traxectoria
Licenciado en Medicina pola Universidade de Granada. Traballou en varias vilas da provincia de Máñaga ata establecerse en Antequera. Foi alcalde de Antequera desde 1983 ata as eleccións municipais de 1987. En 1984, o Concello decidiu nomear a Virxe dos Remedios "alcaldesa perpetua", outorgándolle o bastón de mando da alcaldía.
Fóra da política, mesmo lle outorgou o título de alcalde perpetuo a algúns dos fillos adoptivos de Antequera, como o agostiño Andrés Llordéns e o profesor Juan Manuel Moreno García. Faleceu tras unha longa enfermidade na súa cidade natal.
Vida persoal
Os seus pais foron Pedro de Rojas Álvarez e María Luisa Tapia Pardo. Casou con María de los Reyes Rosales Palma e tivo tres fillos, un dos cales tamén é médico.
Notas
Categoría:Nados en Antequera Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2010 Categoría:Alcaldes da provincia de Málaga Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Políticos do PSOE