Andrés Martín García, nado en Aguadulce o 11 de xullo de 1999, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Racing de Santander, da Segunda División.
Traxectoria Nado en Aguadulce, formouse como futbolista nas canteiras do Antequera e do Córdoba CF, ao que se incorporou en 2016. O 20 de agosto de 2017 debutou co Córdoba B na Segunda División B, nun partido ante o Extremadura UD. A súa estrea co primeiro equipo na Segunda División produciuse o 9 de setembro de 2018, substituíndo a Alejandro Alfaro nun empate sen goles contra o Alcorcón. Tres días despois marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo, ante o Nàstic de Tarragona na Copa do Rei.
O 26 de xuño de 2019, tras sufrir o descenso, asinou un contrato de cinco anos co Rayo Vallecano, tamén de Segunda. Na súa primeira tempada contribuíu con catro goles ao ascenso do equipo madrileño á Primeira Divisón. Debutou na máxima categoría o 15 de agosto de 2021, substituíndo a Óscar Valentín nunha derrota por 0-3 contra o Sevilla. O 27 de xaneiro seguinte, tras contar con poucas oportunidades, foi cedido ao Tenerife ata o final da tempada.
De volta no Rayo para a tempada 2022/23 volveu ter poucos minutos de xogo e na seguinte campaña foi cedido ao Racing de Santander, da Segunda División. O 2 de agosto de 2024 asinou un contrato de catro anos co conxunto cántabro.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21