Comitès de Solidaritat amb els Patriotes Catalans (Comités de Solidariedade cos Patriotas Cataláns) (CSPC) foi unha plataforma antirrepresiva independentista catalá, creada en 1979 a raíz das detencións o 2 de xuño de 1979 de cinco militantes de Independentistes dels Països Catalans (IPC) acusados de pertencer á banda terrorista Terra Lliure. Traxectoria

Pretendía ser a continuadora de Socors Català (que funcionou entre 1977 e 1981) e facer o mesmo papel que facía no País Vasco Gestoras Pro Amnistía, encargárdose da defensa xurídica dos independentistas detidos. Editaba a revista bimestral Clam, e participaba nos actos da Diada de Cataluña no Fossar de les Moreres. Tamén estivo presente nos actos de organización do Moviment de Defensa de la Terra e Catalunya Lliure, aínda que mantendo a súa independencia, e en actos da Universitat Catalana d'Estiu para denunciar a situación dos presos independentistas.

Ao mesmo tempo organizou autocares para protestar contra a demanda de extradición de Manuel Viusà en 1979, participou no acto da Crida a la Solidaritat no Camp Nou en 1981 e organizou protestas contra as detencións de Pere Bascompte e Jaume Llussà en 1983, contra as detencións de tres militantes de Terra Lliure en 1985, outros tres en 1988, e contra a onda de detencións de 1992 que levou á disolución definitiva de Terra Lliure e á integración de moitos dos seus militantes en ERC.

Na actualidade a organización Alerta Solidària autoproclámase herdeira dos CSPC, e é a organización antirrepresiva da Esquerra Independentista. Ademais da consideración de herdeira da CSPC, tamén adoptou o seu logotipo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web de Alerta Solidària.

Categoría:Nacionalismo catalán