O castro de Penadominga é un castro situado en Bendollo, Quiroga, datado nos séculos IV e V.

Asentamento Consiste nun antigo asentamento que conta cun sistema defensivo formado por catro foxos. O outeiro onde se atopa sufriu unha importante alteración cando se erixiron as estruturas, o terreo foi escavado, aterrazado e reenchido con terra e cascallos. Estas terrazas, situadas a diferentes alturas, estaban conectadas por ramplas, semellantes ás do castro de Vilamor, situado no concello de Folgoso do Courel.

Obxectos O tesouro de Penadominga: as fibelas de cinto metálicas, moedas e fragmentos de cerámica, que se conservan no Museo Provincial de Lugo dende a década de 1950 e que supostamente proceden deste xacemento. Non obstante, os arqueólogos sinalan que para confirmar esta procedencia, sería necesario escavar o castro de Penadominga e atopar outros materiais similares aos do museo de Lugo.

Notas

Categoría:Castros da provincia de Lugo Categoría:Quiroga Categoría:Quiroga sen imaxes