Bob Gaiters, nado en Zanesville, Ohio, o 26 de febreiro de 1938 e finado o 5 de xaneiro de 2024, foi un xogador de fútbol americano que xogou sete tempadas na NFL e na Continental Football League como corredor.

Traxectoria Universidade Sería traspasado do Santa Ana Junior College aos New Mexico State Aggies en 1959. Era coñecido como un corredor rápido que pesaba máis de 90 quilos.

Profesional Foi seleccionado polos Denver Broncos no draft da American Football League de 1961 e polos New York Giants na NFL. Pasou dúas tempadas na NFL, cos Giants e cos San Francisco 49ers. Gaiters asinaría cos Broncos na AFL de 1963 e tamén xogou cos Hamilton Tiger-Cats da Canadian Football League en 1964.

Gaiters remataría a súa carreira profesional na Continental Football League, onde xogou para os Newark Bears en 1965, os Hartford Charter Oaks en 1966 e os Orange County Ramblers en 1967.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas pro-football-reference

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Finados en 2024 Categoría:Xogadores dos New York Giants