A calandriña paleártica, tamén coñecida como calandriña comúnPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou calandriña (Calandrella brachydactyla) é un paxaro da familia dos aláudidos máis pequeno cá calandra. Na parte superior é de cor castaña agrisada con manchas escuras. Na parte inferior é branca. Ten unha marca superciliar pálida, manchas escuras a cada lado do colo e rabo escura. Ten un bico moi apuntado. A plumaxe é similar en ambos sexos.
Distribución xeográfica e hábitat
A calandriña paleártica habita no sur de Europa, noroeste de África, e en areas temperadas de Asia, dende Turquía e o sur de Rusia a Mongolia. Esporadicamente a parece no leste de Europa.
Reprodución e alimentación miniatura| Calandrella brachydactyla Fai os niños no chan, nos que pon dous ou tres ovos. Os polos deixan o niño antes de empezaren a voar. Aliméntase de sementes e insectos, estes últimos son un alimento máis habitual na época de cría.
Véxase tamén
Categoría:Aláudidos