O estruturalismo é un enfoque presentado en 1949 da antropoloxía e as ciencias humanas en xeral, derivado da lingüística, que trata de analizar un campo específico como un sistema complexo de partes interrelacionadas..
O termo estruturalismo pode referirse tamén a:
Estruturalismo (arquitectura), movemento en arquitectura e urbanismo da metade do século XX. Estruturalismo (bioloxía), escola do pensamento biolóxico que trata co comportamento parecido a unha lei da estrutura dos organismos. Utilizouse como explicación da evolución. Estruturalismo (relacións internacionais), estuda os efectos das estruturas económicas do mundo sobre a política dos países. Estruturalismo (lingüística), unha teoría de 1916 que di que unha linguaxe humana é estrutura autocontida relacionada con outros elementos que constitúen a súa existencia. Estruturalismo (filosofía das matemáticas), teoría das matemáticas como estrutura. Etruturalismo (filosofía da ciencia), teoría da ciencia que reconstrúe teorías empíricas. Estruturalismo (psicoloxía), unha teoría de 1879 que trataba de describir a estrutura da mente. Estruturalismo (socioloxía), tamén coñecida como funcionalismo estrutural. Marxismo estrutural, un enfoque da década de 1960 da filosofía marxista baseado no estruturalismo. Antropoloxía estrutural, unha teoría de 1949 dos compoñentes fundamentais en todas as culturas, historias e rituais, que se pode denominar "gramática profunda". Película estrutural, un movemento cinematográfico experimental importante nos Estados Unidos na década de 1960 e que se desenvolveu no Reino Unido en películas estruturais/materialistas na década de 1970.