Manuel Lamelas López, nado en Viveiro o 23 de marzo de 1900 e finado en Mauthausen o 2 de abril de 1943, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.
Traxectoria Estivo emigrado en Barcelona. Durante a guerra civil española combateu no bando republicano e exiliouse en Francia trala conclusión do conflito. Trala caída de Francia na segunda guerra mundial foi apresado polo exército alemán e enviado ó Stalag XVII-B Krems-Gneixendorf, en Austria. Ingresou no campo de concentración de Mauthausen o 19 de decembro de 1941 co número de prisioneiro 4 676, onde faleceu o 2 de abril de 1943.
Recoñecementos Entre o 26 de outubro e o 12 de novembro de 2023 organizouse en Ribadeo a exposición #Stolen Memory Ribadeo, impulsada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza para amosar a historia de catro deportados da Mariña lucense e o occidente asturiano nos campos de exterminio nazis, entre os que se encontraba Manuel Lamelas, e durante a cal se celebrou un coloquio no que participaron o historiador Antonio Muñoz Sánchez e mais Miguel Freire Sitjas da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
No ano 2025 colocouse unha Stolperstein en Viveiro na súa memoria, nun acto promovido pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña