miniatura|Corno e hidraulum en mosaico de Nennig, Alemaña. O corno (en latín cornū, cornūs ou cornum "corno"; pl. cornua; en grego στρογγύλη σάλπιγξ strongýle sálpinx 'trompeta redonda'), na antiga Roma, era un instrumento de vento duns 3 metros de longo e coa forma da letra "C". O seu nome deriva dos cornos que se usaban orixinalmente para fabricalo, pero co tempo comezou a fabricarse en bronce. Estaba sostido por unha barra que endurecía a estrutura e proporcionaba unha forma de suxeitalo no ombreiro do intérprete. Segundo Ateneo, a trompa foi unha invención dos etruscos.
Do mesmo xeito que a tuba, difería da tibia en ser un instrumento máis ancho e potente, e da propia tuba en ser curvada. A serie de notas producíase sen chaves nin buratos, senón mediante a modificación do aire e os beizos na boquilla. Probabelmente, segundo a descrición dada polos poetas, era unha oitava máis baixa que a trompeta. Apenas se distinguía da bucina e era utilizada polo exército romano para comunicar ordes ás tropas na batalla. Na arte, a trompa aparece entre os instrumentos que acompañan os xogos de gladiadores ou os combates na area, como no Mosaico Zliten.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Instrumentos de vento-metal Categoría:Historia da música