miniatura|Tripanotión reducido (C27H49N9O10S2, masa 723,86 g/mol, ) miniatura|Tripanotión oxidado (C27H47N9O10S2, masa 721,84 g/mol,) O tripanotión é unha forma pouco común do glutatión que contén dúas moléculas de glutatión unidos por unha espermidina (poliamina) enlazadora. Atópase en protozoos parasitos como leishmania e tripanosomas.Estes parasitos protozoarios son a causa da leishmaníase, a enfermidade do sono e a enfermidade de Chagas. O tripanotión descubriuno Alan Fairlamb. A súa estrutura foi comprobada por síntese química. Atópase principalmente nos Kinetoplastida pero pode atoparse noutros protozoos parasitos como Entamoeba histolytica. Como este tiol está ausente do organismo humano e é esencial para a supervivencia dos parasitos, os encimas que usan esta molécula son dianas para o desenvolvemento de novos fármacos para tratar estas doenzas.
Os encimas dependentes do tripanotión son redutases, peroxidases, glioxalases e transferases. A tripanotión-disulfuro redutase (TryR) foi o primeiro encima dependente de tripanotión que se descubriu (EC 1.8.1.12). É un flavoencima dependente do NADPH que reduce o disulfuro de tripanotión. A TryR é esencial para a supervivencia destes parasitos tanto in vitro coma no hóspede humano.
Unha importante función do tripanotión é a defensa contra o estrés oxidativo. Aquí, os encimas dependentes do tripanotión como a triparredoxina peroxidase (TryP) reducen peróxidos usando electróns doados directamente desde o tripanotión ou a través do intermediario redox triparredoxina (TryX). O metabolismo do peróxido de hidróxeno dependente de tripanotión é especialmente importante nestes organismos porque carecen de catalase. Como os tripanosomátidos tamén carecen dun equivalente da tiorredoxina redutase, a tripanotión redutase é a única vía que teñen para que os electróns poidan pasar desde o NADPH a estes encimas antioxidantes.
500px
Notas
Categoría:Péptidos Categoría:Tioles